O Concello organiza o domingo 7 de setembro dúas visitas guiadas e gratuítas á zona de ámbito xudeu de Monforte

Monforte de Lemos, 27 de agosto de 2025. O Concello de Monforte conmemora o domingo 7 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía, a través da organización de dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída diante da Oficina de Turismo (Rúa do Comercio, 6) ás 11:30 e ás 18:00 h.

Esta actividade intégranse dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte. As visitas  correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración de hora e media.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 cidades e poboacións de España, á Asociación da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.

A temática da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano 2025 ven impulsada pola Asociación Europea para la Preservación y Promoción de la Cultura y el Patrimonio Judíos e o fai baixo o lema “el pueblo del libro”, que pretende transmitir que cada persoa é un libro e xuntos formamos unha biblioteca viva.

Esta metáfora colectiva fala da forma en que se preserva a herdanza xudea a través da narración, do estudo e do diálogo, resaltando a universalidade deste legado para afirmar que que a tradición textual xudea pertence a todos os que se relacionan con ela, independentemente do idioma, os antecedentes ou as crenzas.