Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2025. A Tenente de Alcalde e Concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, recolleu este martes nas novas oficinas da correduría de seguros Ucoga en Monforte de Lemos 50 cestas solidarias de Nadal doadas pola compañía ligada á Cooperativa Lemos para colaborar coas persoas máis vulnerables e aportar o seu grao de area para que todos os fogares teñan turrón e doces navideños nestas emblemáticas festas.
O acto tivo lugar nas instalacións inauguradas por Ucoga este ano na rúa San Pedro de Monforte e participaron, ademais da representante do Equipo de Goberno, o responsable da oficina de Monforte, Ivan Vázquez; o director xeral da Cooperativa Lemos, José Manuel Rodríguez, e o xerente desta entidade, David Buján.
Gloria Prada agradeceu en nome do Alcalde, José Tomé, e de todo o Equipo de Goberno, a entrega destas cestas e explicou que se repartirán mediante sorteo entre as familias con fillos menores usuarias dos Servizos Sociais do Concello de Monforte. Neste senso, a Tenente de Alcalde lembrou que o Concello de Monforte destina unha partida orzamentaria anual de 75.000 euros á emerxencia social e colabora tamén coa poboación máis vulnerable a través de axudas para mellorar a eficiencia enerxética nos fogares cunha contía total de 25.000 euros.