Dende o Concello de Monforte, informamos dun corte de tráfico na rúa Ramón Otero Pedrayo dende o mércores 14 de maio.

Monforte de Lemos, 13 de maio de 2025.  Dende o Concello de Monforte, queremos  informar a todos os veciños dun corte de tráfico de vehículos na rúa Ramón Otero Pedrayo este mércores 14 de maio cunha duración aproximada de tres días.

A actuación está motivada para levar a cabo obras de reparación do paso de peóns situado á altura do nº 47-49. Durante o tempo da realización dos traballos, permitirase o paso a vehículos de servizo público como taxis, carga e descarga e aos veciños que accedan ós garaxes con licenza de vao permanente , na medida en que as obras o permitan, con entrada e saída dende as Rúas Conde e Lois Pereiro, para os garaxes existentes no último tramo da rúa, ata esa vía.

O tráfico ordinario desviarase baixando por Rúa Conde, dirección Avda. de Galicia e sinalizarase en todos os puntos do tramo afectado. 

Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.