Monforte de Lemos, 17 de xullo de 2025. A Tenente Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixeron entrega o pasado martes, 15 de xullo, no pavillón da Pinguela, dos diplomas acreditativos ós nenos e nenas que participaron na primeira quincena do Campamento Deportivo de Verán do Concello de Monforte.
José Tomé destaca que “dende o Concello, facemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destas actividades de verán, nas que ofertamos un total de 822 prazas, que é o número máis alto dos últimos anos dende que no 2024 se aumentaran 8 prazas mais que nos anos anteriores.”
O Alcalde subliña que “o noso obxectivo é facilitar a conciliación das familias no período de vacacións escolares, e, sobre todo, para que os nenos e nenas de Monforte poidan desfrutar das súas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”.
A segunda quincena deste Campamento Deportivo de verán xa está en marcha, e terá de duración ata o 31 de xullo, quenda na que se ofertaban 120 prazas para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos de idade.
Para a terceira quincena, que se desenvolverá do 1 ó 14 de agosto, aínda quedan prazas dispoñibles, polo que todos os interesados e interesadas aínda poden anotarse nas oficinas municipais de deportes de Las Casitas.