Monforte de Lemos, 12 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, presidiu onte ás 20:30 horas ó Acto de lectura do Pregón que da inicio ás Festas Patronais de Monforte na honra á Virxe de Montserrat e que este ano tivo como pregoeira á historiadora monfortina Dona Manuela Sáez, calificada por José Tomé como “unha excelente historiadora e gran muller, que leva o nome de Monforte por España e Italia principalmente, subliñando o seu grado de especialización na Casa de Alba, nos Condes de Lemos e no Virreinato de Nápoles”.
Dona Manuela fixo un percorrido pola historia e o patrimonio cultural de Monforte subliñando o Museo de Arte Sacro do Convento de Santa Clara por ser quizá o mais descoñecido para os monfortinos, a pesar de ter por exemplo, o conxunto de escultura italiana en madeira do século XVII máis importante que hai fora de Italia.
Ó remate do pregón procedeuse ó lanzamento do foguete e á inauguración da iluminación artística, para comezar coa programación musical da man do grupo A Roda que animou ao público presente na Praza de España.