A iniciativa 'E para comer Lugo' fixo parada no Espazo Gastronómico de Monforte

Monforte de Lemos, 22 de novembro de 2025. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, asistiu onte ás actividades programadas pola delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo dentro da iniciativa ‘E para comer Lugo’, que promove os produtos de outono a través da xornada culinaria e festiva “Saborea e canta o outono”.

A actividade, na que colaborou o Concello de Monforte, desenvolveuse no Espazo Gastronómico da Praza de Abastos desde as 20.30 horas e contou cunha nutrida asistencia. Puideron degustarse tapas elaboradas de diferentes establecementos mentres sonaba a música en directo. Participaron tamén adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e os máis pequenos contaron cun espazo lúdico.