Monforte de Lemos, 29 de maio de 2025. O Concello de Monforte conmemora o día Mundial sen tabaco que se celebra o día 31 de maio, coa organización en coordinación coa Unidade Asistencial de Drogodependencias, dunha exposición con traballos realizados por usuarios de Centros de Día e Asociacións de toda esta zona coa que pretendemos difundir as mensaxes reflectidas nos estupendos traballos que realizan os nosos maiores, cos que nos transmiten consellos que son reflexo da súa experiencia.
O sábado día 31, ademais, a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor vermella, para recordarlle a todos os veciños as propiedades nocivas do tabaco e a necesidade de loitar para o abandono deste hábito e informar ás xeracións mais novas dos seus efectos perxudiciais.
Mañá venres, día 30 ás 12:30 h., a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, inaugurará na Casa da Cultura a exposición que permanecerá aberta ó publico dende mañá, ata o próximo 15 de xuño.
Con esta iniciativa, pretendemos dar visibilidade a un dos principais desafíos aos que se enfronta a saúde pública na actualidade que é combater o atractivo do tabaco , a nicotina e os produtos conexos, especialmente entre o público novo. Este ano, a campaña da OMS céntrase en desvelar as tácticas que utilizan as industrias do tabaco para face que os seus produtos nocivos parezan atractivos.
O lema escollido para tal fin é «Desenmascaremos o seu atractivo: as tácticas da industria cos produtos de tabaco e nicotina ao descuberto», que ten como obxectivos:
• Crear conciencia: informar o público sobre as tácticas ás que recorre a industria para manipular o aspecto e o atractivo dos produtos de tabaco e nicotina.
• Promover cambios en materia de políticas: ou medidas para prohibir os aromas e os aditivos que realzan o atractivo destes produtos; ou a prohibición total da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco, tamén nas plataformas dixitais; e ou regulación do deseño dos produtos e dos seus envases para que resulten menos atractivos.
• Reducir a demanda: destapar estas tácticas ten como obxectivo reducir a demanda, en especial entre os mozos, o que en última instancia diminuirá a súa exposición aos produtos de tabaco e nicotina.
Os traballos realizados polas Asociacións e Centros de día que colaboran nesta iniciativa e que permanecerán expostos na casa da cultura, teñen como temática precisamente o mundo do tabaco en calquera expresión artística que escolleran e dende o Concello como dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias, queremos agradecer o esforzo feito por todas as persoas que colaboraron a que esta iniciativa saíra adiante, e especialmente, ós Centros e Asociacións que teñen expostas as súas creacións e que son os seguintes:
AFAMON MONFORTE
ALBORES MONFORTE
AGORA MONFORTE
ASIMÉDICA VIRGEN DE LA LUZ MONFORTE
DOMUS VI BÓVEDA
DOMUS VI MONFORTE
CENTRO DE DÍA CHANTADA
CENTRO DE DÍA MONFORTE
CENTRO DE DÍA PANTÓN
RESIDENCIA DO MALECÓN MONFORTE
RESIDENCIA VIRXE DO CARMEN SOBER