Monforte de Lemos, 23 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, quere expresar, en nome da Corporación Municipal e de todos os monfortinos e monfortinas, a súa profunda dor polo pasamento do Policía Local, D. Eusebio Cuesta Vázquez, nun desgraciado accidente en acto de Servizo, mentras cumpría coas súas obrigas profesionais, nesta pasada madrugada.
Nestes momentos tan difíciles, trasladamos todo o noso cariño, apoio e afecto á súa familia, ós seus compañeiros do Corpo da Policía Local do Concello de Monforte de Lemos, asi como o resto de compañeiros do Concello de Monforte e as súas amizades.
O Alcalde do Concello de Monforte, decretou 3 días de loito oficial dende hoxe, día 23 ata as 24:00 h do día 25 de agosto. Igualmente, nas citadas datas, as bandeiras ondearán a media asta en todos os edificios públicos do Concello de Monforte.
O Alcalde, encargoulle ó Inspector Xefe da Policía Local que o citado Corpo leve a cabo as honras fúnebres pertinentes de acordo coa familia, consistentes na colocación da Bandeira Galega sobre o féretro e portar o mesmo a hombros por axentes do Corpo de Policía dende o Tanatorio ata o cemiterio asi como calquera outro cometido que fose menester.
Con posterioridade, o Alcalde propoñerá cando se celebre o primeiro Pleno ordinario da Corporación Municipal, a concesión da Medalla do Concello de Monforte a Eusebio Cuesta Vázquez, a título póstumo, polo falecemento en acto de servicio.
O outro axente que formaba parte da patrulla, D. Francisco Cao de Jesús, ingresado no Hospital Comarcal, foi visitado polo Alcalde e a Tenente Alcalde para desexarlle unha pronta recuperación no nome de todos os monfortinos.
Adxúntase a este comunicado, o decreto Do Alcalde, a instrucción ó Inspector da Policía Local e o Informe da Policía Local sobre o accidente.