Monforte de Lemos, 23 de xuño de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Director Xeral da Volta ciclista a España, D. Javier Guillén, e polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixeron esta mañá a presentación da XV Etapa da Volta Ciclista a España que como xa anunciara o Alcalde, finalizará en Monforte de Lemos.
O Alcalde comezou a súa intervención resaltando a promoción tan importante que fai de Monforte “La Vuelta a España”, “colocando á cidade como protagonista no panorama deportivo internacional” e tal e como afirmou o Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte, “isto é o resultado dunha aposta firme e sostida da Deputación de Lugo polo deporte como motor de promoción territorial e tamén de desenvolvemento económico, conseguindo que Lugo sexa un escenario habitual desta proba tan seguida en todo o mundo, co patrocinio que a Deputación Provincial mantén, nestes últimos anos, a la Vuelta”
Tal e como explicou o rexedor monfortino, é un feito histórico conseguir que en solo 4 anos haxa dúas finais de etapa de La Vuelta a España en Monforte, no ano 2021 e agora no 2025. Pero tal e como explicou Tomé, se miramos dende que eu son Alcalde, levamos 4 relacións coa Volta dado que en 2016 fomos saída de etapa, en 2020 pasou por Monforte a etapa que rematou en Luintra e as dúas saídas de etapa das que falaba antes.
O Alcalde subliñou que un evento deportivo como é “La Vuelta a España”, sempre é unha oportunidade de negocio e de retorno económico, para o sector do turismo, do comercio e da hostaleira, xa que La Vuelta, mobiliza a mais de 3.000 persoas, entre organización, equipos e medios. Tal e como puntualizou José Tomé, “so en impacto económico directo estimado, a etapa pode supoñer, según os informes técnicos, aproximadamente 2 millóns de euros para a provincia, e un retorno total superior aos 3 millóns. E isto sen contar o incalculable valor promocional de máis de tres horas de retransmisión televisiva en 190 países, cunha audiencia global de arredor de 400 millóns de persoas”.
José Tomé Roca, destacou que a etapa lucense será “longa e esixente, que discorrerá por paisaxes espectaculares da Montaña lucense e da comarca de Sarria antes de rematar aquí, en Monforte. Un percorrido que non só poñerá a proba a resistencia dos ciclistas, senón que tamén amosará ao mundo a beleza e a diversidade da nosa provincia, inicialmente na zona da montaña para finalizar no Valle de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”. “A presenza de La Vuelta aquí, é por tanto, unha acción estratéxica de promoción turística, un investimento que reforza a nosa marca territorial. E facémolo tamén pensando na xente: porque queremos que este evento implique á veciñanza, que sexa un motivo de orgullo colectivo, e tamén unha oportunidade para a nosa hostalería, o noso comercio e os nosos pequenos negocios”
José Tomé quixo rematar a rolda de prensa convidando a todos os monfortinos e monfortinas para que o día que chegue “La Vuelta” “saian á rúa e animen esa carreira multicolor que sempre é un espectáculo salientando a emoción que supón vivir esta festa do ciclismo na nosa cidade, como xa pasou na chegada do 2021.
Tomé considera unha honra que Monforte sexa protagonista dun evento deportivo a nivel mundial, e non quixo acabar a rolda de prensa sen agradecer a La Vuelta a confianza na nosa terra, froito tamén da excelente relación persoal co Director Xeral de la Vuelta, Javier Guillén.