O Programa Activa oferta un obradoiro de Alimentación Saudable dirixido a persoas maiores de 60 anos

Monforte de Lemos, 17 de outubro de 2025. O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de Alimentación Saudable a partir dos 60 anos organizado no marco do Programa Activa. A formación está organizada pola Fundación FormaVigo, en colaboración co Concello de Monforte e será impartida pola nutricionista e cociñeira Estefanía Montes.

Esta formación ten carácter gratuíto e está dirixida a persoas veciñas de Monforte de Lemos con idades a partir de 60 anos. A formación estrutúrase en tres módulos teórico-prácticos correspondentes á elaboración de almorzos, comidas e merendas-ceas.

Para elo, o obradoiro desenvolverase en tres xornadas o martes 28 e xoves 30 de outubro e o luns 3 de novembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas.

 

Prazos e inscrición

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o luns 20 de outubro ás 9.00 horas ata o 24 de outubro ás 14.00h. O número de prazas dispoñibles e de 16, que se cubrirán por orde de inscrición ata completar o aforo. As persoas interesadas deberán acudir presencialmente á secretaría dos Servizos Sociais, situada no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón s/n).

Para inscribirse neste obradoiro,  as persoas solicitantes deberán estar empadroadas no Concello de Monforte de Lemos e ter cumpridos os 60 anos. A solicitude ten que facerse co modelo normalizado que se facilitará na secretaría dos Servizos Sociais. Completarase cunha copia do documento de identidade e un certificado de empadroamento (en caso de non autorizar a consulta).