Monforte de Lemos, 15 de outubro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé, anuncia que xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas actividades do Programa Activa que se adxudicaron por sorteo público o pasado martes 14 de outubro. As actividades comezarán o vindeiro luns, 20 de outubro, agás as de Ximnasia Acuática 1 e 2, que están condicionada á apertura da piscina municipal. Neste caso, Servizos Sociais chamará a todas as persoas admitidas para comunicar a data de inicio.
Así mesmo, e tendo en conta que unha vez finalizado o procedemento ordinario de adxudicación de prazas, quedaron vacantes en cinco dos talleres ofertados, ábrese un novo prazo de solicitude extraordinario ata completar as prazas dispoñibles.
En total, son 18 prazas nas seguintes actividades:
|
ACTIVIDADES PERSOAS MAIORES DE 55 ANOS |
|
|
|
|
ACTIVIDADE |
Nº PRAZAS DISPOÑIBLES |
DÍAS CLASES |
HORARIO |
|
COMPETENCIAS DIXITAIS PARA USO COTIÁ INTERMEDIO |
4 |
XOVES |
10:00-11:00 |
|
INFORMÁTICA BÁSICA |
6 |
MARTES |
11.30-12:30 |
|
ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS-PERSOAS MAIORES 16 ANOS |
|
|
|
|
ACTIVIDADE |
Nº PRAZAS DISPOÑIBLES |
DÍAS |
HORARIO |
|
MANUALIDADES 2 |
6 |
MARTES |
19:00-20:30 |
|
BAILES LATINOS Nivel iniciación |
1 |
LUNS |
19:30-21:00 |
|
COSTURA CREATIVA 2 |
1 |
MÉRCORES |
19:00-20:30 |
Listas de agarda con 5 ou menos solicitantes
As actividades que tras celebrar o sorteo teñen unha listaxe de agarda con número de persoas igual ou inferior a 5, e de cara a garantir durante o desenvolvemento do programa a cobertura de prazas no caso de baixas, son as seguintes:
|
ACTIVIDADES PERSOAS MAIORES DE 55 ANOS |
|
|
|
ACTIVIDADE |
DÍAS CLASES |
HORARIO |
|
COMPETENCIAS DIXITAIS PARA USO COTIÁ INICIACION |
MARTES |
10:00-11:00 |
|
IOGA 2 |
MARTES E XOVES |
11:00-12:00 |
|
CONSERVANDO A MEMORIA 4 |
LUNS |
11:00-12:30 |
|
ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS-PERSOAS MAIORES 16 ANOS |
|
|
|
ACTIVIDADE |
DÍAS |
HORARIO |
|
BAILES LATINOS PERFECCIONAMENTO |
MARTES |
19:00-20:30 |
Neste caso, na asignación de prazas dispoñibles e lista de agarda terase en conta a orde de entrada no Rexistro municipal, así como os criterios de prelación seguintes:
- Solicitantes en lista de agarda, logo da celebración do sorteo de prazas de actividades con máis demanda que oferta de prazas. No caso de acceder a praza vacante darase de baixa na listaxe de agarda da actividade.
- Novas solicitudes de participación por persoas que non solicitaran no prazo ordinario.
- Solicitantes co praza concedida no prazo ordinario (segunda actividade).
Prazo extraordinario
O prazo extraordinario de solicitudes permanecerá aberto do luns 20 de outubro de 2025 ás 9.00 horas ata o venres 24 ás 14.00 horas.
As persoas interesadas deberán acudir á Secretaría dos Servizos Sociais para obter información das prazas dispoñibles e formalizar a súa solicitude, exclusivamente no modelo establecido.
HORARIOS E DATAS INICIO ACTIVIDADES CENTRO CIVICO PROGRAMA ACTIVA 2025 2026