A Tenente Alcalde, Gloria Prada, acude en representación do Concello de Monforte ó acto de presentación oficial da expedición 3 Cumios.

Monforte de Lemos, 11 de xullo de 2025. A Tenente Alcalde de Monforte, Gloria Prada, acudiu hoxe pola mañá ó Acto de presentación da expedición 3 Cumios en representación do Alcalde, José Tomé Roca, que por motivos de axenda non puido acudir ó evento.

Durante o acto de presentación que tivo lugar na Casa Grande de Rosende, os impulsores do proxecto, José Manuel Prieto, Tomás Porto e Manuel Vieitez, explicáronlles aos asistentes, os pormenores do “Proxecto 3 Cumios”, unha iniciativa que busca ascender ás montañas mais representativas dos tres continentes e que comeza este luns cunha expedición ó Huascarán, a cume mais alta de Perú, que cunha altitude de 6.768 metros, está considerada a montaña tropical mais elevada do planeta.

Ademais do obxectivo deportivo, tal e como explicaron os experimentados alpinistas, con esta iniciativa pretenden promover a Ribeira Sacra a nivel internacional xa que como eles mesmo explicaron, esta é un territorio único que merece poñerse en valor e dar a coñecer dende todos os ámbitos posibles. Con esta intención, ademais do reto deportivo, asumirán o reto de divulgar as grandezas da Ribeira Sacra a través de charlas e levarán a cabo unha tarefa solidaria aportando un 10% do recadado en patrocinio, para a donación de material deportivo entre os nenos e nenas dos lugares da expedición que mais necesidades teñan.

Ó acto de presentación acudiron representantes dos tres Concellos da Ribeira Sacra ós que pertencen os tres alpinistas, Monforte de Lemos, representado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, Sober, representado polo Alcalde, Luis Fernández Guitián e Pantón, representado polo Alcalde, José Luis Alvarez Blanco, ademais do delegado territorial da Xunta, Javier Arias, de Efrén Castro en representación da Deputación Provincial de Lugo, e de representantes do resto de firmas patrocinadoras da expedición.

Gloria Prada quixo agradecer en nome do Alcalde de Monforte a posta en marcha deste proxecto pioneiro na Ribeira Sacra, que vincula deporte, territorio e cultura e felicitou ós tres alpinistas protagonistas deste novo reto, polo entusiasmo que son quen de transmitir con esta ambiciosa iniciativa. A Tenente Alcalde tamén quixo falar en nome de todos os veciños de Monforte, segura de que apoiarán orgullosos ós protagonistas desta nova aventura que comezan dende hoxe mesmo e que xa é un éxito sexa cal sexa o resultado acadado.