A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará mañá venres na Praza da Compañía

Monforte de Lemos, 18 de setembro de 2025. O Concello de Monforte informa á cidadanía da instalación, mañá 19 de setembro, na Praza da Compañía, da unidade móbil de doazón da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará operativa de 10.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 21.00 horas.

A Axencia lembra que o verán é a época máis complicada para manter estable a participación das persoas que doan sangue, e por iso está a desenvolver unha campaña especial co obxectivo de acadar as 27.000 doazóns que precisan os centros sanitarios neste período.

O Equipo de Goberno anima a todas as persoas que sexan aptas para doar a achegarse á unidade móbil e colaborar deste xeito entre todos para conseguir a meta fixada por ADOS para que se poida desenvolver a labor asistencial dos hospitais de forma efectiva.