Monforte de Lemos, 25 de maio de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da apertura da convocatoria anual de subvencións dirixidas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión social no municipio de Monforte, durante o exercicio 2026.
Con estas axudas, sinala o Alcalde, José Tomé Roca, “queremos facilitar a estas entidades recursos para a inclusión social, para garantir a autonomía persoal e para brindar oportunidades sociais e educativas, así como axudar a previr a dependencia, desigualdade ou desprotección nas persoas máis vulnerables”.
Esta liña de subvencións posta en marcha polo Equipo de Goberno pretende fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios por parte de entidades de iniciativa social previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ao seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.
A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2026, concretamente no período comprendido entre o 01/01/2026 e o 30/11/2026, ascende a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima de cada subvención. Do mesmo xeito, como regra xeral o importe máximo da subvención para cada proxecto ou actividade non poderá exceder do 75% do seu orzamento.
Entidades beneficiarias e requisitos
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades de iniciativa social que realicen actividades ou desenvolvan proxectos de interese social para o municipio no ámbito dos servizos sociais e que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter a sede social ou unha delegación no concello de Monforte de Lemos.
- Carecer de ánimo de lucro.
- Estar inscrita no Rexistro municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos como asociación de tipo asistencial.
- Dedicarse, con carácter preferente en concordancia cos seus estatutos, ás actuacións recollidas na base primeira.
- Estar ao corrente dos seus deberes tributarios e coa Seguridade Social.
- Non incorrer en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións públicas previstos na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como na Lei 38/2003, do 17 de novembro , xeneral de subvencións.
- Que a actividade para a que solicitan a subvención estea prevista dentro dos obxectivos da entidade e acorde co establecido na base terceira das bases reguladoras e recollidos nos seus estatutos fundacionais e se realicen no termo municipal.
- Xustificar debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
Quedan excluídas da presente convocatoria as entidades e asociacións de carácter exclusivamente cultural, veciñal, xuvenís, deportivas, ANPAS e profesionais.
Actividades obxecto de subvención
Será obxecto de subvención o desenvolvemento de actividades e proxectos de carácter social que teñan como persoas destinatarias últimas calquera dos colectivos das distintas áreas de actuación propias dos servizos sociais, primando aqueles colectivos de persoas que por razón de índole económica, de saúde ou concorrencia de circunstancias sociais, étnicas ou culturais, sufran especiais dificultades respecto da xeneralidade de poboación de precisen dunha atención específica para garantir o acceso a calidade de vida e participación social.
Solicitudes e documentación
As entidades interesadas deberán presentar a solicitude e documentación complementaria obrigatoriamente por medios electrónicos a través do procedemento específico dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Monforte de Lemos.
As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
- Copia do CIF da entidade solicitante.
- Copia do NIF en vigor da persoa física que actúe en representación da entidade.
- Acreditación da representación.
- Comunicación de datos bancarios debidamente asinada.
- Memoria do proxecto descritivo da actividade asinada pola persoa representante con especificación da data, lugar de realización, responsables do desenvolvemento da actividade, obxectivos e fins, temporalización, metodoloxía e avaliación á que se destinarán os fondos, de acordo co baremo que figura no punto 11 das bases.
- Escritura de constitución da asociación ou entidade e estatutos vixentes coa composición actualizada da Xunta directiva, para aquelas entidades que participen por primeira vez nesta liña de axudas.
- Orzamento estimado de ingresos e gastos da actividade con expresión das axudas solicitadas ou concedidas por parte doutros organismos públicos ou privados.
- No seu caso, documento de declaración de entidade de utilidade pública.
- No seu caso, plan de igualdade vixente.
O Concello comprobará de oficio a inscrición no Rexistro municipal de Asociacións e a non existencia de débedas coa Facenda municipal.

Criterios de outorgamento e ponderación
A adxudicación das subvencións farase en concorrencia competitiva tendo en conta os principios de igualdade, transparencia, non discriminación e obxectividade, e as puntuacións alcanzadas serán as que determinan as subvencións obxecto de concesión conforme aos seguintes criterios de valoración, tendo en conta que cada proxecto poderá ser valorado cun máximo de 20 puntos:
- Calidade e contido técnico do proxecto cun máximo de 12 puntos desagregados do seguinte xeito:
- Calidade do proxecto: ata 6 puntos.
- Temporalización das actividades e sostibilidade no tempo: ata 2 puntos.
- Atención a tipoloxía de necesidades atendidas: ata 4 puntos.
- Incidencia social do proxecto cun máximo de 5 puntos desagregados do seguinte xeito:
- Número persoas participantes: ata 2 puntos.
- Apertura actividades: ata 1 punto.
- Declaración da entidade como entidade de Utilidade Pública: 1 punto.
- Plan de igualdade vixente: 1 punto.
- Traxectoria da entidade, cun máximo de 3 puntos.
Bases Subvencións Asociacións para actuacións no ámbito dos Servizos Sociais 2026