Monforte de Lemos, 19 de maio de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da adxudicación do contrato para a realización dos traballos de reparación da varanda da pasarela da Pinguela que resultou danada durante un temporal o pasado inverno. A estrutura metálica do paso peonil que cruza o río Cabe no entorno do Parque de Cobas sufrira danos considerables a causa da caída dunha árbore de gran tamaño no transcurso dunha xornada de fortes chuvias e vento a finais de xaneiro.
A caída da árbore dobrou completamente as dúas varandas laterais no primeiro tramo da pasarela, na marxe dereita do río Cabe, polo que se fixo necesario encargar a reposición e colocación das pezas. Trátase de varandas de aceiro inoxidable satinado redondo cun espesor de 60.3 x 3 mm.
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a adxudicación dun contrato menor para a realización destes traballos. O orzamento da obra ascende a 8.563,58€ e o prazo de execución é de 2 meses.
A pasarela da Pinguela forma parte do paseo fluvial que percorre o río Cabe na súa trama urbana ata Piñeira. O Alcalde, José Tomé, destaca as importantes melloras realizadas nos últimos anos neste entorno, como a transformación de Cobas nun gran parque público ou a dotación de alumeado e mobiliario urbano no seu percorrido.
“Puxemos en valor unha das principais zonas verdes da cidade e o noso compromiso é manter este paseo peonil nas mellores condicións para o uso e desfrute de todos os monfortinos e monfortinas e das persoas que nos visitan”, indica o rexedor.