Monforte de Lemos, 23 de xuño de 2026. O Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’ de Monforte xa ten aberto o prazo de inscrición nos Cursos de Verán que se desenvolverán ao longo de distintas semanas durante o período estival nas instalacións do centro no Edificio Multiusos, en horario de mañá.
Cada materia terá unha duración de 1 hora que se reservará no momento da inscrición. Dita reserva pode realizarse na Oficina de Rexistro do Concello se a tramitación se fai de modo presencial. No caso de realizarse por Sede Electrónica, reservarase a especialidade e horario, á espera de confirmación.
En cada solicitude de inscrición o alumnado interesado poderá inscribirse nun total de 2 materias, cunha taxa de 25,00 €.
Poderase participar en máis materias cubrindo outra nova solicitude como máximo.
O nivel será de iniciación ou avanzado.
Dirixidas a alumnado a parir de 6 anos
As materias están dirixidas a alumnos/as a partir de 6 anos de idade e constarán de talleres de práctica instrumental en especialidades como Guitarra, Violín, Piano, Saxofón, Clarinete, Frauta doce e travesa, Trompeta, Trombón, Tuba, Gaita, Percusión moderna (batería), Percusión tradicional galega, Canto e Pandeireta, así como talleres de práctica teórica de Linguaxe Musical.
*En piano será preciso traer auriculares, así como un xogo de pinturas no caso de alumnos/as ata 7 anos.
*En percusión moderna será preciso que o alumnado aporte un par de baquetas mod. 5A e unha pelota de tenis.
Materias, datas e prazas dispoñibles
Violín - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 06/07 ao 10/07
Piano 1º grupo - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 06/07 ao 10/07
Piano 2º grupo - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 24/08 ao 28/08
Guitarra - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 06/07 ao 10/07
Saxofón - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 10/08 ao 14/08
Clarinete - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 06/07 ao 10/07
Frauta Doce e Travesa - Iniciación (a partir de 6 anos) do 06/07 ao 10/07
Trompeta, Trompa - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 06/07 ao 10/07
Trombón, Tuba - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 06/07 ao 10/07
Percusión moderna - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 10/08 ao 14/08
Gaita e Percusión tradic. - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 13/07 ao 17/07
Canto e Pandeireta - Iniciación e Avanzado (a partir de 17 anos) do 13/07 ao 17/07
Linguaxe Musical 1º grupo - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 06/07 ao 10/07
Linguaxe Musical 2º grupo - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 24/08 ao 28/08
Prazos e lugar de inscrición
Ata o día 03 de xullo de 2026: Violín, Piano 1ºgrupo, Guitarra, Clarinete, Frauta, Trompeta, Trombón, Tuba, Linguaxe 1º grupo.
Ata o día 10 de xullo de 2026: Gaita e Percusión Tradicional, Canto e Pandeireta, Percusión moderna, Saxofón, Piano 2ºgrupo, Linguaxe 2º grupo.
1. Na oficina de Rexistro do Concello de Monforte. Reserva da materia e horario no momento da inscrición en riguroso orden de entrada de rexistro.
2. Pola Sede Electrónica do Concello de Monforte. Preinscrición reservando modalidade e horario á espera de confirmación en riguroso orden de entrada de rexistro.
PREZO ÚNICO: 25 € por solicitude. Dúas materias a elexir.
Autoliquidación Cursos Verán 2026
Cursos de verán de Música 2026 Formulario de inscrición