Monforte de Lemos, 12 de marzo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da apertura dun novo prazo na convocatoria para a concesión de axudas para actuacións de rehabilitación a nivel de barrio no Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos, dirixidas específicamente a mellorar a eficiencia enerxética. O prazo da convocatoria finalizou o pasado 30 de decembro de 2025 sen que se esgotara o crédito existente, polo que o Goberno local decidiu autorizar un novo prazo para animar aos propietarios a realizar obras de rehabilitación nas súas vivendas ou locales comerciais.
A medida aprobouse o pasado luns, 9 de marzo, na Xunta de Goberno Local, polo que o prazo estará aberto desde o primeiro día hábil seguinte á publicación dun extracto desta convocatoria no BOP, ata o 30 de abril de 2026. O obxectivo, explica o Alcalde, “é facilitar que se execute o maior número posible de actuacións”.
A finalidade destas axudas é financiar obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nas construcións de tipoloxía residencial colectiva (incluíndo as súas vivendas) e nas vivendas unifamiliares que estén integradas no Conxunto Histórico e Zona de Respecto de Monforte.
Neste senso, José Tomé anima aos veciños e veciñas “a solicitar estas importantes axudas co obxecto de que acometan a rehabilitación das súas vivendas para mellorar o confort térmico nos seus fogares, ao tempo que se reduce o impacto ambiental”.
A convocatoria enmárcase no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – Next GenerationUE.
Beneficiarios e actuacións subvencionables
Segundo recollen as bases da convocatoria, poden acollerse a estas axudas as persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas ou ben persoas xurídicas de natureza privada.
Tamén están dirixidas ás comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades, sociedades cooperativas e empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
Son obxecto de subvención as actuacións de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios que consigan unha redución de, polo menos, un 30% no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35%.
O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nos edificios que se acollan ás axudas deste programa finaliza 30 de xuño de 2026. Así mesmo, a documentación acreditativa da finalización das actuacións e do cumprimento do obxecto da subvención deberá presentarse antes do 30 de setembro de 2026.
Contía das axudas
A contía máxima da subvención que se concederá por edificio determinarase atendendo ao custo total das obras que se vaian desenvolver e ao nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido con dita actuación, non podendo superar os límites resultantes que se describen na seguinte táboa:
|
Aforro enerxético conseguido coa actuación |
Porcentaxe máxima da subvención do custo da actuación |
Vivenda |
Locais comerciais ou outros usos |
|
Contía máxima da axuda por vivenda |
Contía máxima da axuda por m2 |
||
|
30% ≤ ΔCep,n.ren < 45% |
40% |
8.100 € |
72 € |
|
45% ≤ ΔCep,n.ren < 60% |
65% |
14.500 € |
130 € |
|
ΔCep,n.ren ≥ 60% |
80% |
21.400 € |
192 € |
* ΔCep,n.ren: Consumo enerxía primaria non renovable
Naqueles casos en que se teñan que retirar elementos con amianto, poderá incrementarse a contía máxima da axuda na cantidade correspondente aos custos debidos á retirada, á manipulación, ao transporte e á xestión dos residuos de amianto mediante empresas autorizadas, ata un máximo de 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio.
Así mesmo, no caso de situacións de vulnerabilidade económica acreditada poderá concederse unha axuda adicional que poderá alcanzar ata o 100 % do custo da actuación dacordo as siguientes táboas:
|
Edificio de tipoloxía residencial colectiva, por vivenda |
||||
|
Ingresos en veces IPREM ponderados |
|
Axuda en función do aforro enerxético conseguido |
||
|
|
|
30% ≤ ΔCep,nren < 45% |
45% ≤ ΔCep,nren < 60% |
ΔCep,nren ≥ 60% |
|
Menos ou igual a 2,1 |
Porcentaxe axuda |
100% |
100% |
100% |
|
Contía máxima de subvención |
20.250,00 |
22.308,00 |
26.750,00 |
|
|
Entre 2,1 e 2,6 veces |
Porcentaxe axuda |
60% |
75% |
90% |
|
Contía máxima de subvención |
12.150,00 |
16.731,00 |
24.075,00 |
|
|
Vivenda unifamiliar |
||||
|
Ingresos en veces IPREM ponderados |
|
Axuda en función do aforro enerxético conseguido |
||
|
|
|
30% ≤ ΔCep,nren < 45% |
45% ≤ ΔCep,nren < 60% |
ΔCep,nren ≥ 60% |
|
Menos ou igual que 2,1 |
Porcentaxe axuda |
100% |
100% |
100% |
|
Contía máxima de subvención |
22.550,00 |
24.538,80 |
29.425,00 |
|
|
Entre 2,1 e 2,6 veces |
Porcentaxe axuda |
60% |
75% |
90% |
|
Contía máxima de subvención |
13.530,00 |
18.404,10 |
26.482,50 |
|
Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Monforte de Lemos, de xeito presencial ou a través da sede electrónica (https://sede.monfortedelemos.es/). O formulario para a solicitude está dispoñible na Oficina de Rehabilitación, sita nas Casitas da Compañía (correo electrónico: oficinarehabilitacion@concellodemonforte.com).
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica do Concello de Monforte de Lemos.