
Monforte de Lemos, 29 de xuño de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta hoxe da adxudicación dos traballos de renovación da sinalización vial horizontal en máis de 70 rúas da cidade, por un importe de 39.849,10 euros. O prazo de execución é de 45 días, desde a firma da acta de inicio. A adxudicación do contrato á empresa Barreras de Seguridad SL aprobouse este luns na Xunta de Goberno Local.
O rexedor destaca que esta actuación “ten por obxectivo reforzar a seguridade, tanto de peóns como de vehículos que transitan polas rúas da cidade, así como a mellora permanente das infraestruturas viarias, un compromiso adquirido polo Equipo de Goberno cos monfortinos e monfortinas”.
Actuacións en 74 rúas e zonas da cidade
O proxecto de mellora de renovación da sinalización vial horizontal abarca 74 rúas e zonas da cidade. En concreto, os traballos abordan o pintado de bandas de pasos de peóns, isletas, liñas de detección, reservas de usuarios, reserva de carga e descarga, así como as marcas que atinxen ao tráfico de vehículos (sinais de dirección, stop, ceda o paso, marcas brancas de liña continua/descontinua, liñas amarelas, etc.).
A relación de rúas e espazos nos que se renovará a sinalización horizontal, total ou parcial, é a seguinte:
- VV. Valle de Lemos
- C/Eduardo Blanco Amor
- C/Rioseco
- C/Juan Montes
- C. Pardo Bazán
- C/Dr. López Suárez
- C/Ramón y Cajal
- C/Echegaray
- C/Noriega Varela
- C/Concepción Arenal
- C/Coruña
- C/Pontevedra
- C/Curros Enriquez
- C/Dr. Casares
- C/Malecón
- Puente Viejo
- C/Huertas
- C/San Pedro
- C/Carlos Casares
- C/Av. Cachafeiro
- C/Jac. Benavente
- C/J. Rm. Jiménez
- C/Zapardiel
- C/Florida
- C/Real
- C/Central
- Plaza do Piñeiro
- C/Estrella
- C/Julio Camba
- Plazuela de Conde
- C/inés de Castro
- Roberto Baamonde
- C/Otero Pedrayo
- C/Poeta Lois Pereiro
- C/M. de Cervantes
- Avenida de Galicia
- C/Celso Emilio Ferreiro
- C/Sarria
- C/Conde
- C/Cardenal
- Plaza Pte. Fontecha- glorieta
- C/Compañía
- C/Paseo de Lugo
- C/Dalmiro de la Valgoma
- C/Francisco Moure
- C/Reboredo
- C/Castelao
- C/Duquesa de Alba
- C/San Lázaro
- C/Carude
- A Pinguela
- C/Aceña Nova
- C/Rof Codina
- Parque da Gardería
- C/Orense
- C/Pantón
- C/Santiago
- C/Fontecha
- C/Tomás Vázquez
- C/Cobas
- C/Tecelanes
- C/Saviñao
- C/Roberto M. Andrade
- Entrada GADIS/LIDL
- C/Lemavos
- C/Carballedo-Chantada
- Campo S. Antonio
- C/Abeledos
- C/Manuel María
- C/Hnos. Dapena-Abeledos
- C/Corredoira
- Camiño das Codesas
- Camiño da Barxa
- Extremadoiro
Horario de realización dos traballos
Como norma xeral, en toda a zona centro da cidade (integrada polas rúas Roberto Baamonde, Conde, Avenida de Galicia, Inés de Castro, Praza de Abastos e a súa contorna, Cardenal, Compañía, Paseo de Lugo, Dalmiro da Valgoma, Ponte Fontecha e acceso ao estacionamento do Parque dos Condes, Hortas, Campo de San Antonio, Ourense no tramo ata ligazón con Tecelanes e Chantada completa), así como nas vías de circulación densa ou que constitúan rutas de tránsito, tanto de desprazamento interno como de entrada ou saída da cidade, a renovación da pintura efectuarase evitando os horarios de maior afluencia de tráfico. Nestos casos, os traballos realizaranse preferentemente polas tardes, e mesmo en horario nocturno, sempre e cando esta actuación sexa compatible coa normativa sobre niveis máximos de ruído.
Nas zonas periféricas e vías de uso preferentemente residencial, o pintado poderase realizar en calquera horario. En todo caso, o adxudicatario seguirá as instrucións da Xefatura da Policía Local, en aras de garantir a fluidez do tráfico.