O Alcalde asiste ao concerto do grupo local Malenne, cunha gran afluencia na rúa Cardeal

Monforte de Lemos, 3 de xaneiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu este venres ao concerto do grupo monfortino Malenne que tivo lugar na zona peonil da rúa Cardeal, dentro do programa de Festas do Nadal 2025-2026, organizado polo Concello de Monforte. O rexedor estivo acompañado polo Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e pola Concelleira de Comercio, Regina López.

Trala actuación de Deloreans o pasado venres 26 de decembro, este foi o segundo dos dous concertos a cargo de bandas locais programado estas festas de Nadal dentro da aposta do Alcalde e do Equipo de Goberno por darlle protagonismo aos grupos monfortinos e de visibilizar o seu importante traballo creativo. Unha iniciativa que tamén agradecen os grupos, e así o expresaron durante os concertos. “Non hai moitos Concellos que fagan algo así, e iso é de agradecer”, indicou onte o cantante de Malenne.

“Queremos poñer en valor aos nosos grupos, que ademais contan cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”, apunta José Tomé. O rexedor incide ademais na aposta pola dinamización das rúas durante estas festas, potenciando con esta animación as compras no comercio local.

A colaboración do Concello de Monforte cos grupos locais é constante, sendo tamén protagonistas do Verán Cultural a través dun ciclo de concertos en diferentes espazos da cidade que se desenvolve durante os meses de agosto e setembro.