O Alcalde asiste ao Festival ‘Festrad’, que pechou o curso da Escola Municipal de Música Tradicional do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 19 de xuño de 2026.  O Alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Obras, Medio Ambiente e Servizos, José Luis Losada, e Deportes, José Manuel Mougán, asistiu esta tarde ao Festival ‘Festrad’ da Escola de Municipal de Música Tradicional do Concello de Monforte, que pechou o curso cunha actuación do alumnado no auditorio do Edificio Multiusos, ás 20.30 horas.

No concerto participaron alumnos e alumnas das actividades de Gaita, Percusión Tradicional Galega e Canto e Pandeireta, interpretando distintos ritmos tradicionais e pezas populares galegas.

O programa estivo composto das seguintes pezas: Xota de Caroi, Pasodobre da Pastoriza, Mazo te mazo, Baitucada, Xota da Gaiosa, Non bailes o agarrado, Rumba do Canizo, Xota do Bazal, Muiñeira das Cortellas, Xota dos Mariñeiros, Muiñeira da Camposa, Pasodobre do Mallou e a Rumba dos Tranquilos. O certame rematou cunha actuación do alumando de canto, gaita e percusión interpretando a Foliada de Asén e a Muiñeira das Ferreñas.

O Alcalde destaca o importante traballo que desenvolve a Escola Municipal de Música Tradicional na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, fomentando entre as xeracións máis novas o coñecemento e a práctica da nosa música e tradicións.