O Alcalde celebra o San Cristóbal con conductores procedentes de distintos puntos do sur de Lugo que se achegaron a Monforte con 24 camións

Monforte de Lemos, 4 de xullo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, celebrou este sábado o día de San Cristóbal, patrón dos condutores, dando a benvida a Monforte a un grupo de camioneiros, que achegou 24 camións ata a cidade do Cabe, dando continuidade a unha iniciativa que naceu hai varios anos da man de varios profesionais da zona para conmemorar esta festividade. Nesta ocasión achegáronse a Monforte camións de diferentes puntos do sur de Lugo que percorreron o centro urbano dando visibilidade ao colectivo.

Tras percorrer as principais rúas da cidade, os camioneiros e os seus vehículos concentráronse no aparcamento do Complexo Municipal da Pinguela, onde foron recibidos polo Alcalde, que lles deu a benvida desexándolles unha boa ruta e festividade do patrón.