O Alcalde e a Concelleira de Muller e Igualdade asisten á representación de “A cámara escura”, dentro da programación do 25-N

Monforte de Lemos, 27 de novembro de 2026.  O Alcalde, José Tomé, e a Concelleira de Muller e Igualdade, Regina López, asistiron na tarde deste xoves no Edificio Multiusos de Monforte á representación da obra de teatro “A cámara escura”, da compañía Vórtice Escénico. 

A función enmárcase na campaña “Monforte en negro contra as violencias”, organizada polo Concello de Monforte arredor do 25 de Novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia de Xénero, co obxectivo de promover a sensibilización e a implicación de toda a sociedade na loita contra as violencias machistas.

“A cámara escura”, escrita por José Luis Baños de Cos e adaptada e dirixida Sara Rey Seoane, aborda a realidade das vítimas do ciberacoso, que se ven conducidas a unha espiral de desprezo e dor.