O Alcalde mantivo un encontro cos adegueiros participantes no Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte para presentar a organización do evento e sortear os stands

Monforte de Lemos, 4 de xuño de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, reuniuse na tarde de onte con representantes das adegas que participarán na oitava edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, os días 3, 4 e 5 de xullo.

O encontro tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Monforte coa finalidade de darlles a coñecer de primeira man os aspectos organizativos, estéticos e técnicos do certame, así como as principais novidades deste ano. Neste senso, o Alcalde fixo un repaso polo programa do Festival, que xa presentou o pasado sábado ante os medios de comunicación, e no que se inclúen actuacións musicais, catas temáticas, masterclass e actividades infantís.

Na mesma reunión levouse a cabo o sorteo público para adxudicar o stand que ocupará cada adega no Festival. A elección realizouse mediante a extracción do nome de cada adega dunha caixa habilitada para a ocasión.

 

 

A localización queda da seguinte maneira, situándose por esta orde desde o pórtico de entrada ao recinto:

1. Corzoás

2. Alma das Donas

3. Caneiro

4. Regina Viarum

5. Lingua Loaira

6. Val da Lenda

7. A man de Prado

8. Gullufre

9. Guímaro

10. Petrón

11. Condado de Sequeiras

12. Asolagados

13. Lucenza

14. Algueira

15. Ohmio

16. Cividade

17. Tear

18. Abadía da Cova

19. Aborixe

20. Saiñas

21. Don Bernardino

22. Alouviño

23. Malcavada

24. Cruceiro

25. Peza do Rei

26. Casa Moreiras

27. Adega Vella

 

O Alcalde agradeceu aos adegueiros e adegueiras a súa implicación e interese en participar neste certame, que supón unha inversión moi importante que o Equipo de Goberno destina á promoción do viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e á promoción da gastronomía, da riqueza natural, patrimonial e histórica do territorio. En definitiva, indicou o rexedor, “á promoción da nosa cultura, e tamén á dinamización da nosa economía, fomentando a actividade do comercio e da hostalería a través dun certame que, agardamos atraia a milleiros de persoas durante a primeira fin de semana de xullo”.