Monforte de Lemos, 26 de xullo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na mañá de hoxe, no paseo do Malecón, das medallas e premios correspondentes á 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte.
Nesta competición piragüística celebrada en augas do río Cabe, participaron un total de 64 palistas procedentes de Dumbría, Mondariz, Tui, Tomiño, e Monforte de Lemos.
Competiron nas categorías, todas elas masculino e feminino, de Infantil C1, Alevín C1, Infantil K1, Alevín K1, Alevín C1, Benxamín K1 e Prebenxamín K1.
Por equipos, resultou gañador o club Quixós, con 204 puntos, seguido do club Tea de Mondariz Balneario, con 130 puntos, e quedando en terceiro lugar o club piragüismo Penedo- Teimporta con 107 puntos.
A representación do Quixós Club que organiza este campionato, correu a cargo de Xoel, Lucas, Breixo, Manuel, Dylan, Juan, Sara, María, Alba, Álvaro e Marcos.
Hai que subliñar que o palista do Quixós, Xoel Fernández, foi convocado pola Federación Galega de Piragüismo para formar parte da selección autonómica infantil que competirán no campionato de España de xóvenes promesas que se celebrará entre os días 7 e 9 de agosto en Sabero (León) e Sara Inés Varela, participará no Campeonato Europa Junior e Sub 23 que se celebrará en Épinal (Francia) do 6 ao 9 de agosto.
Esta convocatoria reafirma a calidade do Clube monfortino, que continúa aportando talento dende Monforte ó combinado galego, sendo un dos tres mellores Clubes que hai na actualidade dentro desta modalidade deportiva.
O Alcalde quixo felicitar tanto ó Club Quixós como ós deportistas individualmente, polo traballo que están a facer, xa que froito do sacrificio, da perseverancia e da dedicación que lle adican a esta modalidade deportiva, a nosa cidade ten presencia nas competicións mais importantes de piragüismo que se celebran na actualidade.
A actividade foi organizada polo Club Quixós de piragüismo, e conta co apoio do Concello de Monforte.
RESULTADOS DA III COMPETICIÓN COPA GALEGA PROMOCIÓN SLALOM 2026
|
H INFANTIL C1 . 1 FERNANDEZ MENDEZ Xoel CLUB DE MONTAÑA QUIXÓS 2 GOMEZ DACUNHA Xian CLUB PIRAGUISMO PENEDO-TEMPORTA 3 PAVON SANMARTIN Lucas CLUB DE MONTAÑA QUIXÓS
|