Monforte de Lemos, 18 de marzo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregou esta tarde o trofeo ás xogadoras do equipo CV Ciudad de A Coruña que se proclamou vencedor na final do Campionato Galego de Voleibol Feminino na categoría Cadete que se disputou este sábado no Pavillón Polideportivo da Pinguela.
A final enfrontou desde as 18.30 horas ao Ciudad de A Coruña co Liceo La Paz, tamén de A Coruña, logo de gañar as semifinais pola mañá contra o CV Ribeira Sacra e o CD Korbis, respectivamente. O Cidade A Coruña, que xa foi campión da Liga, fíxose co partido no cuarto set.
O Alcalde entregou tamén o trofeo á mellor xogadora do Campionato, que foi para a integrante do Cidade A Coruña Martina Mesejo.
Antes da entrega de trofeos e medallas a cargo do rexedor e do Concelleiro de Deportes, o CV Ribeira Sacra quixo facer o un recoñecemento especial ás xogadoras Mónica Rodríguez e Ana López, que foron cofundadoras do club, e a Noelia Sánchez e Jennifer Mendoza, xogadoras da élite do volei e integrantes da Selección Española. Así mesmo, renderon tamén homenaxe a José Luis Sánchez, que foi presidente do equipo.
Clasificación na Final
1º. CV Ciudad de A Coruña.
2º. Liceo La Paz.
3º. CV Ribeira Sacra.
4º. CD Korbis.
MVP Martina Mesejo