O Alcalde entrega o trofeo ao Korbis, que se proclamou Campión Galego de Voleibol na final xuvenil disputada hoxe en Monforte

Monforte de Lemos, 29 de marzo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregou esta tarde o trofeo ao equipo monfortino Korbis Lambetadas, que se proclamou Campión Galego de Voleibol na final autonómica que se disputou este domingo no Pavillón Polideportivo da Pinguela.

O Korbis Lambetadas de Monforte e o CV Vigo enfrontáronse nunha emocionante final á que chegaron logo de gañar as semifinais contra o Arenal Emeve Lugo e o CV Oleiros, respectivamente. O Korbis alzouse coa vitoria no quinto set e logra así o pase ao Campeonato de España de Clubs representando a Galicia na súa categoría. O Alcalde entregou tamén o trofeo ao mellor xogador do Campionato, que foi para o xogador do Korbis Izan Rodríguez Beltrán.

 

Clasificación

1º. Korbis Lambetadas.

2º. CV Vigo

3º. Arenal Emeve Lugo

4º. CV Oleiros

MVP Izan Rodríguez Beltrán

 

O volei foi o gran protagonista esta fin de semana en Monforte, xa que a cidade foi sede das Finais do Campionato Gelego de Voleibol Xuvenil Masculino e Feminino. Onte sábado celebrouse a final feminina, na que gañaron as xuvenís do Arenal Emeve Lugo.