Monforte de Lemos, 30 de maio de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé, xunto con Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega esta tarde dos trofeos do V Torneo Cidade de Monforte de Fútbol-11 Alevín, que se disputou nas instalacións do C.P. Calasancio. No acto estivo acompañado polo presidente do Club, Juan Carlos Díaz Pérez.
Na competición, organizada polo Club Calasancio en colaboración co Concello de Monforte, participaron un total de 10 equipos procedentes das catro provincias galegas: SD Sarriana, Sagrado Corazón de Lugo, Barbadás, Santa Mariña de Vigo, Sada SD, UD Ourense, Ourense CF, CD Rúa, CP Calasancio e ED Calasancio de Monforte.
O CP Calasancio de Monforte proclamouse campión tras disputarse a final contra o CF Ourense. O Alcalde felicitou a todos os participantes e trasladou os parabéns aos gañadores.