Monforte de Lemos, 4 de xuño de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé, xunto coa Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañou este xoves a un grupo de alumnos de 3º e 4º curso de Educación Primaria do CEIP Monforte, Colexio Novo, nunha visita didáctica á Casa do Concello.
Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de Plenos, onde os recibiu o rexedor para explicarlles a composición e organización do Concello e o seu funcionamento como administración máis próxima aos cidadáns. Así mesmo, faloulles do traballo que desenvolve o persoal funcionario municipal e as atribucións dos distintos departamentos, e respondeu ás numerosas preguntas que lle fixo o alumnado.
Os escolares coñeceron de primeira man os proxectos nos que traballa o Equipo de Goberno e visitaron as dependencias da Policía Local, onde os axentes amosáronlle as instalacións e os vehículos policiais.