Monforte de Lemos, 2 de maio de 2026. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, celebra o “espectacular crecemento” do Bus Urbano de Monforte, que pechou o ano 2025 coas mellores cifras de viaxeiros da súa historia: 93.643 usuarios, 11.063 máis que en 2024, o que supón incremento anual do 13,4%.
Este dato, afirma o rexedor, “confirma a tendencia ascendente do servizo de bus urbano e permítenos celebrar, sen lugar a dúbidas, o éxito dunha medida que transformou a mobilidade no noso municipio desde que no ano 2020 este Alcalde e este Equipo de Goberno apostamos de xeito pioneiro por implantar a gratuidade”.
En 2019, antes da posta en marcha do bus gratuíto, rexistráranse 14.422 usuarios. Xa en 2020, primeiro ano coa nova política, a cifra elevouse ata os 34.655. Desde entón, o incremento foi constante: 52.685 usuarios en 2021, 63.824 en 2022, 68.657 en 2023, 82.580 en 2024 e, finalmente, 93.643 en 2025. “Os datos son espectaculares e dan boa conta da excelente acollida deste servizo público e gratuíto que ofrecemos no Concello de Monforte e que aumenta ano a ano de maneira exponencial”, afirma o Alcalde: “Desde que implantamos a gratuidade en 2020, a cifra de viaxeiros medrou un 550%”.
“Unha decisión acertada”
O rexedor destaca que estes datos demostran que a aposta pola gratuidade do transporte público, unha medida pioneira e Galicia e no conxunto do Estado, foi unha decisión acertada, que non só falicita a mobilidade da veciñanza, senón que tamén contribúe á sustentabilidade e á redución do uso do vehículo privado". Neste senso, a valoración é moi positiva, engade Tomé Roca, “porque estamos falando dun servizo totalmente consolidado e cunha gran aceptación por parte da cidadanía, tal e como demostran os datos anuais”.
Con medidas pioneiras como a implantación da gratuidade no transporte urbano e a recente implantación do servizo de Bus Rural, tamén público e gratuíto para facilitar a conexión da veciñanza do rural co centro urbano, “reafirmamos o compromiso deste Equipo de Goberno cun modelo de mobilidade máis accesible, eficiente e respectuoso co medio ambiente”, indica Tomé Roca.
O bus urbano, mes a mes
No detalle mensual de 2025, destacan os meses de outubro, con 10.161 usuarios, e setembro, con 8.402, como os de maior demanda. Pola súa banda, maio (8.220) e xuño (8.262) tamén amosan cifras elevadas, consolidando o uso do transporte público en Monforte ao longo de todo o ano.
Os datos completos por meses son os seguintes: xaneiro (6.549), febreiro (7.578), marzo (7.427), abril (7.511), maio (8.220), xuño (8.262), xullo (7.397), agosto (6.811), setembro (8.402), outubro (10.161), novembro (7.990) e decembro (7.335).
De media, o bus gratuíto rexistra 7.803 usuarios ao mes.
Na seguinte táboa, pódese consultar a evolución mensual respecto aos datos do ano anterior:
|
Mes |
Número de viaxeiros 2024 |
Número de viaxeiros 2025 |
|
Xaneiro |
5.663 |
6.549 |
|
Febreiro |
4.812 |
7.578 |
|
Marzo |
6.564 |
7.427 |
|
Abril |
7.809 |
7.511 |
|
Maio |
7.841 |
8.220 |
|
Xuño |
6.444 |
8.262 |
|
Xullo |
6.415 |
7.397 |
|
Agosto |
5.882 |
6.811 |
|
Setembro |
7.512 |
8.402 |
|
Outubro |
8.519 |
10.161 |
|
Novembro |
8.050 |
7.990 |
|
Decembro |
7.069 |
7.335 |
|
Total |
82.580 |
93.643 |
O Alcalde destaca que “estes datos demostran que a aposta pola gratuidade do transporte público foi unha decisión acertada, que non só facilita a mobilidade da veciñanza, senón que tamén contribúe á sustentabilidade e á redución do uso do vehículo privado”.
Con medidas como esta e a recente implantación do servizo de Bus Rural, tamén público e gratuíto, para facilitar a conexión da veciñanza do rural co centro urbano, “reafirmamos o compromiso deste Equipo de Goberno cun modelo de mobilidade máis accesible, eficiente e respectuoso co medio ambiente, e cumprimos un compromiso adquirido cos veciños do rural nas pasadas eleccións municipais”, indica Tomé Roca.
Bus urbano de Monforte: Éxito do servizo de transporte dende o primeiro día
O Bus Urbano municipal comezou o seu servizo no Concello de Monforte o 1 de febreiro de 2020. Trátase dun caso único en Galicia e practicamente en toda España xa que, ademais de contar cun vehículo novo, moderno, adaptado para persoas con mobilidade reducida ou con algunha discapacidade, e accesible a todos os cidadáns, o servizo destaca por ser de carácter gratuíto para todos os seus usuarios.
Neste senso, o Alcalde subliñou que “dende a posta en marcha do servizo, o novo bus urbano monfortino suscitou a atención doutras cidades e concellos de Galicia e tamén de numerosos medios de comunicación, non só da provincia, senón tamén do resto da Comunidade Autónoma e incluso do panorama nacional. Isto permítenos afirmar que Monforte é unha cidade pioneira en transporte público gratuíto”.
“Os excelentes datos de usuarios permítennos afirmar que este servizo está a cumprir co fin social para o que foi ideado”, afirma José Tomé.
Na mesma liña do Bus Urbano, en decembro de 2025 púxose en marcha o Bus Rural, outro dos compromisos do Alcalde e do seu Equipo de Goberno. Este servizo, tamén de carácter gratuíto, garante a conexión das 26 parroquias de Monforte co centro urbano durante os días laborables para cubrir as necesidades de desprazamento da poboación do rural.