O Alcalde inaugurará a XXVII edición da Feira do Libro de Monforte, que se celebrará do 26 ao 29 de agosto na rúa Cardeal

Monforte de Lemos, 22 de agosto de 2026. O Alcalde, José Tomé Roca, inaugurará XXVII Feira do Libro de Monforte, que terá lugar na zona peonil da céntrica rúa Cardeal desde o mércores 26 ao sábado 29 de agosto. Este evento literario forma parte do programa Verán Cultural do Concello de Monforte e pecha o calendario de Feiras do Libro 2026 da Federación de Librerías de Galicia logo de percorrer outros 12 municipios galegos.

A Feira do Libro de Monforte é unha cita consolidada no verán monfortino e este ano contará coa presenza de 7 casetas que estarán abertas de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e 19:00 a 22:00 horas pola tarde. En total, catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros e sinaturas das obras por parte dos seus autores.

O acto inaugural será o mércores 26, ás 19:00 horas, e o pregón correrá a cargo da escritora bovedense Yolanda Álvarez. Participarán, ademais do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a xerente da Federación de Librarías de Galicia, Olaya Tembra,  a Deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, e o Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.

O Alcalde José Tomé anima “a todos os monfortinos e monfortinas, así como ás persoas que nos visitan estes días, a achegarse a esta Feira do Libro de Monforte para coñecer as novidades literarias e desfrutar de todo o que nos ofrece a literatura, desde os grandes clásicos aos títulos contemporáneos”. Así mesmo, lembrou que todos os libros que se adquiran nesta Feira do Libro monfortina contarán cun desconto do 10%.

As casetas presentes nesta edición son ULA Libraría Social (A Coruña), Libraría Cartabón (Vigo), Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, A Gata Tola (Santiago de Compostela), Librería Entre Libros (Monforte), Libraría Agrasar (Monforte) e Librería Pelayo-Peruchela Edicións (Monforte).

 

PROGRAMACIÓN DA 27ª FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE

A Feira do Libro de Monforte conta cun completo programa de actividades, no que se inclúen 7 casetas, presenza de numerosos autores, eventos para toda a familia, sinaturas e presentacións. Coa Feira do Libro de Monforte, a Federación de Librarías de Galicia dará por rematada a tempada de feiras de 2026, que ten 13 citas por toda Galicia.

A programación deste ano da Feira do Libro de Monforte inclúe a presencia de varios escritores da Ribeira Sacra, e tamén escritores do resto de Galicia. A través deles, potenciarase e darase a coñecer o talento literario existente na Ribeira Sacra e tamén en Galicia.

 

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

19:00 Acto inaugural da Feira do Libro de Monforte, pregón a cargo de Yolanda Álvarez.

20:30 Pura Tejelo presenta “Vestidos de organdí”.

 

CASETAS LIBRARÍAS

19:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Entre Libros.

19:00 Hilda Honorata Suárez asina “Andante solitario”, na caseta da Editorial Peruchela.

20:00 Francisco Narla asina “Ultreia/Suseia”, na caseta da libraría Agrasar.

 

XOVES 27 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

19:00 Cris de Caldas presenta o espectáculo “A bibliotecaria estrafalaria”. Contos, humor, música, e mesmo un chisco de maxia para toda a familia.

20:00 Presentación de “Conciencia dunha tradición. A olería de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós”. Participan Luis Hixinio Flores, Óscar Lantes-Suárez, Mª Pilar Prieto, Manuel Fernández “Lolo”, Orlando Viveiro e Iria Castro, Deputada delegada de Cultura, Patrimonio Histórico-Artístico e Normalización Lingüística.

21:00 Presentación do poemario “Lágrimas verdes”, de Francisco García-López, acompañado pola escritora e divulgadora Techi León.

 

CASETAS LIBRARÍAS

11:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Gata Tola.

11:00 Carlos Villarrubia asina “El hombre nube”, na caseta da libraría Entre libros.

11:00 Manuel Fco. Cao Rodríguez asina “XXXIII Contos” e “O último gaiteiro”, na caseta da editorial Peruchela.

12:00 Rosa Barreiro asina “Ecos del interior: escucha tu alma”, na caseta da libraría Agrasar.

19:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Gata Tola.

19:00 Noelia Casanova asina “El gran E-Dock”, na caseta da libraría Entre Libros.

19:00 Mars Carballo Losada asina “Colores en el viento” e “Danza de acero”, na caseta da libraría Agrasar.

19:00 Patricia Mariño Rodríguez asina “Quero salvarte amigo mar/Quiero salvarte amigo mar”, na caseta da editorial Peruchela.

20:00 Yolanda Álvarez asina “Pedro e o vagalume”, na caseta da libraría Agrasar.

 

VENRES 28 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

12:00 Gloria Guerrero García presenta “Devagar pola Ribeira Sacra”, acompañada pola editora Rocío Rodríguez.

19:00 Espectáculo infantil “C@nto contigo” de Paco Nogueiras.

20:00 Sonia María García García presenta “Toca. El yugo de Roma”, acompañada por Carlos López Mouriz.

21:00 “Gañar un premio”. Abril Camino e Óscar Guzmán conversan arredor dos libros “Mulleres que viven xuntas”, Premio Xerais de Novela e “Só os mortos saben a verdade”, Premio de Novela curta Manuel Loureiro Rey

 

CASETAS LIBRARÍAS

11:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Gata Tola.

11:00 Lucía Vázquez asina “Respira Carmela”, na caseta da libraría Entre Libros.

11:00 Vicente Touzón Veiga asina “Desde mi aldea/Desde a minha Aldea - Memorias do Courel e outras historias”, na caseta da Editorial Peruchela.

12:00 Esteban A. Jiménez asina “Niño de barro y su metamorfosis”, na caseta da libraría Agrasar.

12:30 Silvia Tasende asina “Pel Memoria”, na caseta da libraría Ula Libraría Social.

13:00 Loli Rodríguez asina “Nailía”, na caseta da libraría Agrasar.

19:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Gata Tola.

19:00 Raiza López Henríquez asina “Venezuela en mí”, na caseta da libraría Entre Libros.

19:00 Anxo Muiños asina “As mulas rabuñan o xeo” e “Ri”, na caseta da Editorial Peruchela.

19:00 Abril Camino asina “Mulleres que viven xuntas”, na caseta da libraría Agrasar.

19:00 Óscar Guzmán asina “Só os mortos saben a verdade”, na caseta de Ula Libraría Social.

 

SÁBADO 29 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

12:00 Contacontos “Pedro e o vagalume” con Yolanda Álvarez.

19:00 Teatro para familias. Pedras de cartón representa a obra “Alicia”. Un espectáculo pensado para gozar en familia, que convida a rir, sorprenderse e deixar voar a imaxinación.

19:30 “Conversa sobre novela negra”: Arantza Portabales e Rober Cagiao conversan arredor das súas novelas. Modera Óscar Guzmán.

20:30 Xulio Pardo de Neyra presenta “Toda a eternidade nun ollar palabras. Tareixa e Marica Campo, Casa e Terra”.

21:00 Poesía Micro aberto.

 

CASETAS LIBRARÍAS

11:00 Fernando Domínguez asina “Hasta el mar”, na caseta da libraría Entre Libros.

11:00 Eduardo Montagut asina “La larga posguerra”, na caseta da Editorial Peruchela.

12:00 Fernando Méndez asina “La clave de Mozart”, na caseta da libraría Agrasar.

12:00 Alba Formoso Ramos asina “Entre incienso y recuerdos”, na caseta de ULA Libraría Social.

19:00 Xulio Pardo de Neyra asina “Toda a eternidade nun ollar palabras. Tareixa e Marica Campo, Casa e Terra”, na caseta da Editorial Peruchela.

20:00 Lucía Román asina “El linaje del Cormorán” na caseta da libraría Agrasar.

20:30 Arantza Portabales asina “Asasinato no muiño do cura”, na caseta da libraría Entre Libros.