O Alcalde informa do peche do Paseo do Malecón dende a madrugada da noite do venres 26 de xuño ata ás 23:00 horas do día 7 de xullo.

Monforte de Lemos, 24 de xuño de 2026.  O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do corte de tráfico de vehículos que se producirá no Paseo do Malecón durante os próximos días por mor dos preparativos do Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará do 3 ó 5 de xullo.

O dispositivo de circulación previsto, e que vai a desenvolver a Policía Local, consiste no peche do paseo do Malecón por tramos, segundo as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmonte das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento. Esta decisión tómase coa intención de interromper a circulación o menor tempo posible. Con esta finalidade, poderanse diferenciar dúas actuacións distintas:

  • Dende a 1:00 da madrugada do sábado 27 de xuño (noche del viernes al sábado) ás 8:00 h e ata o día martes 7 de xullo ás 23:00 h, pecharase a rúa Malecón dende o inicio ata a baixada lateral do Ambulatorio, deixando libre esta, para facilitar a instalación e posterior desmonte dos stands que participan no evento.
  • A partir do mércores 1 de xullo desde as 8:00 h e ata o luns día 6 de xullo ás 23:00 h, permanecerá pechada ao tráfico tanto a Rúa Malecón na súa totalidade, como o tramo de baixada lateral ó Ambulatorio.

Todos os cortes estarán convenientemente sinalizados, e si a execución dos traballos de desmonte finalmente fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á re apertura do tráfico de forma inmediata.

Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.

UBICACIÓN DO EVENTO.pdfcroquis 2.pdfcroquis 3.pdfcroquis 2.pdf

croquis 2.pdf

croquis 3.pdf