O Alcalde anuncia a interrupción do servicio da Piscina Municipal para a execución de traballos de mantemento.

Monforte de Lemos, 26 de xuño de 2026. O Alcalde, José Tomé Roca, ven de anunciar a interrupción por uns días do servicio de piscina municipal debido á realización de traballos de mantemento que se van executar, como sempre que é necesario, para acometer tarefas de conservación, mellora e revisión, que permitan garantir o correcto funcionamento das instalacións e a calidade de servicio que se presta ao longo do ano.

O peche ó público producirase dende o luns día 29 ata o 3 de xullo e unicamente afecta á piscina xa que o resto de instalacións: ximnasio, vestiarios...permanecerán abertos ao público no seu horario habitual.

Os traballos previstos inclúen a revisión e posta a punto de equipos, sistemas e infraestruturas, ademais de intervencións preventivas e correctivas, incluídas labores específicas de limpeza, desinfección e revisión dos sistemas de auga das instalacións, que requiren a paralización temporal da actividade para poder desenvolverse coas máximas garantías.

Unha vez concluídos estes traballos, a piscina municipal retomará  a súa actividade con unha amplía oferta estival que incluirá diferentes modalidades adaptadas ás necesidades dos usuarios, facilitando aos veciños e visitantes, unha alternativa deportiva e saudable durante os meses de verán.

 O Alcalde agradece a comprensión dos veciños, seguro de que comprenderán a necesidade destas tarefas de conservación e mellora das instalacións coa finalidade de garantir o mellor estado das instalacións e unha calidade óptima do servicio.