O Alcalde asiste a unha nova edición do “Conservatorio na rúa”, que encheu de música a rúa Cardeal

Monforte de Lemos, 12 de xuño de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé, asistiu esta tarde a unha nova edición do “Conservatorio na rúa”, un evento organizado polo Concello de Monforte a través do Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’, e que se desenvolveu na rúa peonil do Cardeal as 19.00 e preto das 21.00 horas.

O rexedor estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a Concelleira de Muller, Igualdade e Consumo, Regina López.

O “Conservatorio na rúa” ofrece un programa de actuacións ao aire libre a cargo do alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal, que precisamente este ano celebra o seu 25 aniversario. O evento, que congregou numeroso público, ofreceu actuacións por especialidades en diferentes puntos do tramo peonil do Cardenal e rematou cunha actuación da orquestra baixo a batuta do director do Conservatorio, Fernando Sanmartino.

O Alcalde, José Tomé, sinala que, “con esta mostra musical pretendemos dar a coñecer a actividade que se realiza no Conservatorio dun xeito distinto ao habitual, máis aberto e público, procurando a formación integral do alumnado e intentando crear ao mesmo tempo un ambiente musical nestas céntricas rúas”.