Monforte de Lemos, 22 de setembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de informar da concesión dunha remesa de axudas dirixidas a diversas entidades deportivas, culturais e sociais da cidade para o desenvolvemento da súa actividade durante o actual exercicio 2026. A sesión ordinaria da Xunta de Goberno celebrada este luns, 21 de setembro, deu luz verde nesta ocasión a un total de 14 subvencións que suman un importe de 63.100€.
José Tomé destaca o importante traballo que realizan estas entidades nos seus diferentes ámbitos e sinala que “estas axudas son unha mostra clara do compromiso deste Equipo de Goberno co tecido asociativo da nosa cidade e co labor que desenvolven as entidades deportivas, culturais e sociais ao longo do ano”.
Neste senso, o rexedor destaca a “estreita colaboración” do Concello coas asociacións, clubs e colectivos locais “apoiando unha labor que consideramos fundamental, porque estas entidades realizan un traballo que contribúe a dinamizar a vida de Monforte, a fomentar a participación cidadá e a ofrecer actividades e servizos dos que se beneficia o conxunto da sociedade”, sinala.
O Alcalde pon tamén en valor que “estas axudas permiten que as entidades poidan desenvolver os seus programas e actividades con maiores garantías, favorecendo especialmente iniciativas relacionadas co deporte, coa cultura e coa atención e integración social”.
Desde o Concello, conclúe, “seguiremos mantendo esta colaboración coas entidades locais, apoiando o seu traballo e as iniciativas que contribúen a facer unha cidade máis activa e participativa”.
A contía das axudas concedidas oscila entre os 500 e os 20.000 euros, distribuídas do seguinte xeito:
- Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo: 3.000€
- Clarisas Centro Purísima Concepción: 4.000€
- Club Fluvial: 1.000€.
- Club de Tiro Olímpico Cabe: 500€
- A.D. Escolapios: 1.000€
- Club Lemos: 20.000€.
- Club Pesca Monforte: 1.100€
- Sociedade Val de Lemos Caza y Pesca: 1.500€
- Club Quixós: 6.000€
- Náufragos do Paradiso: 4.000€
- Asociación Festival Carude Rock: 4.000€
- Fancine de Lemos: 5.000€
- Club Natación Monforte: 10.000€
- Cruz Vermella: 2.000€.