O Alcalde entrega os trofeos do VII Torneo de Fútbol-8 CF Monforte nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín

Monforte de Lemos, 15 de xuño de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé, xunto con Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na tarde de onte das medallas e trofeos do VII Torneo de Fútbol-8 CF Monforte, que se disputou durante todo o fin de semana nas instalacións do campo de fútbol municipal Luis Bodegas. No acto estivo acompañado pola presidenta do Club, Vanesa Fernández.

Tralo torneo da categoría infantil celebrado o sábado, a competición, organizada polo CF Monforte en colaboración co Concello de Monforte, culminou este domingo coa participación dos equipos prebenxamín, benxamín e alevín, que xogaron simultáneamente en tres campos.

Na categoría prebenxamín xogaron CD Rúa, SD Sarriana, CF Outeiro de Rei, CD Allariz, AD Bosco, CD Monforte B e CF Monforte A. O CF Outeiro de Rei proclamouse campión tras vencer ao CF Monforte na final que quedou segundo. O CD Rúa foi terceiro.

Benxamín: Xogaron o SD Sarriana, CD Rúa, CF Outeiro de Rei, Pabellón CF e CF Monforte A, B e C. A primeira posición foi para o CF Outeiro de Rei; o CF Monforte quedou segundo e o Pabellón CF, terceiro.

Alevín: Nesta categoría participaron o CD Rúa, SD Sarriana, EDO Blanco Amor, Pabellón CF, CD Allariz e o CF Monforte A e B. A primeira posición fo para o Pabellón CF, a segunda para o CD Rúa, e a terceira para o CF Monforte.