O Alcalde participa na entrega de premios da XXX Cata dos Viños da Ribeira Sacra

Monforte de Lemos, 10 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou esta tarde na entrega de premios da XXX Cata dos viños da Ribeira Sacra, organizada polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra. O evento tivo lugar desde as 19.00 horas no Balneario de Augas Santas, en Pantón.

O Alcalde felicitou persoalmente aos gañadores e quixo poñer en valor a “a excelente calidade dos viños deste territorio excepcional, tal e como vimos de constatar no Festival do Viño da Ribeira Sacra que celebramos con gran éxito a pasada fin de semana en Monforte, con 27 adegas participantes”.

Nesta edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra  participaron un total de 22 adegas, con 64 mostras de viño: 21 de tintos, 17 de brancos e 26 de viños de outras añadas. O Panel de Cata estivo formado por oito profesionais. Entregáronse medallas de ouro, prata e bronce en cada unha das tres categorías, ademais de unha peza de olaría de Gundivós.

Ao finalizar a entrega de premios celebrouse un viño institucional e un cóctel para todas as persoas asistentes.