O Alcalde participou na cerimonia de apertura dos XVI Xogos do Eixo Atlántico que se celebran en Santiago con representación monfortina en 4 modalidades deportivas

Monforte de Lemos, 5 de xullo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, participou este domingo na cerimonia de apertura dos XVI Xogos do Eixo Atlántico que se celebran en Santiago de Compostela do 5 ao 10 de xullo. A delegación monfortina, que xa foi despedida polo rexedor en Monforte na súa partida en autobús rumbo a Santiago, está formada por 68 deportistas e participa en 4 modalidades deportivas: voleibol masculino e feminino, baloncesto masculino, e atletismo e natación masculino e feminino.

Antes da súa partida, o rexedor felicitou aos deportistas e ao corpo técnico pola súa participación nestes Xogos e animounos a desfrutar destas xornadas de deporte e convivencia. “Estou convencido de que o farán coa ilusión e coa ambición de acadar o mellor dos resultados”, indicou. José Tomé manifestou tamén o seu desexo de que “esta 16ª edición dos Xogos do Eixo sexa todo un éxito e que os centos de mozos e mozas de Galicia e o Norte de Portugal, e por suposto de Monforte, que compiten, o fagan dende os valores do deporte, do o esforzo e do compañeirismo”.

 

Unha semana de competición deportiva, convivencia e intercambio cultural entre a mocidade de Galicia e do Norte de Portugal

O acto de apertura estivo precedido pola actuación dos cabezudos de Santiago de Compostela e por diversas propostas musicais e de animación que acompañaron a chegada das delegacións ao recinto. Ás 18.30 horas deu comezo a cerimonia co desfile das 28 delegacións participantes.

Durante a cerimonia fíxose entrega do Trofeo do Xogo Limpo Nelson Cardoso, unha distinción que recoñece as actitudes e comportamentos éticos exemplares demostrados por deportistas, persoal técnico, persoas dirixentes e demais integrantes dos Xogos na edición anterior. O galardón foi entregado por Hernâni Ribeiro á delegación do municipio portugués de Amarante, representada polo concelleiro da Câmara Municipal Ricardo Vieira.

Posteriormente celebrouse a tradicional homenaxe a unha persoa especialmente vinculada aos Xogos do Eixo Atlántico. Nesta edición, o recoñecemento recaeu en José Guilherme Aguiar pola súa contribución ao desenvolvemento desta competición, tanto como concelleiro de Deportes de Matosinhos, cidade organizadora da IX edición, como posteriormente sendo alcalde de Vila Nova de Gaia, na organización da XI edición en colaboración con Porto e Matosinhos. A distinción foi entregada pola alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

A cerimonia concluíu coa declaración oficial de inauguración dos XVI Xogos do Eixo Atlántico, lida por unha nena e un neno participantes, acompañados pola alcaldesa de Santiago de Compostela e pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro.

 

Seis modalidades e máis de 2.000 deportistas

Os XVI Xogos do Eixo Atlántico constitúen a nova edición deste encontro deportivo bianual que reúne a milleiros de mozas e mozos de Galicia e do Norte de Portugal. Santiago de Compostela acolle por segunda vez este evento, despois da edición celebrada en 2005. As competicións desenvolveranse entre este luns 6 e o venres 10 de xullo.

Esta é, ademais, a primeira edición completamente paritaria dos Xogos do Eixo Atlántico, con participación masculina e feminina en todas as modalidades deportivas: baloncesto, balonmán, voleibol, atletismo e natación. Nas dúas últimas disciplinas haberá tamén competición adaptada.

 

Nesta edición participan 28 municipios: dez galegos e dezaoito portugueses

Pola banda galega participan Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Carballo, Ribeira, O Barco de Valdeorras, Sarria e Monforte de Lemos, que suman un total de 742 integrantes nas súas delegacións.

Desde Portugal participan Matosinhos, Maia, Felgueiras, Vila Nova de Famalicão, Braga, Viana do Castelo, Bragança, Porto, Valongo, Vila Nova de Gaia, Amarante, Vila do Conde, Fafe, Vila Real, Peso da Régua, Santa Maria da Feira, Barcelos e Guimarães, cun total de 1.459 persoas.

As competicións desenvolveranse en once instalacións deportivas distribuídas entre a zona urbana e a área rural do municipio de Santiago de Compostela. As sedes serán os pavillóns municipais de Santa Isabel (balonmán e baloncesto), Vite (voleibol), Lorenzo de la Torre (baloncesto), Restollal (voleibol), Pontepedriña (voleibol) e Fontiñas (baloncesto), así como os pavillóns dos centros educativos CEIP Pío XII (baloncesto), CEIP de Roxos (balonmán) e IES Monte dos Postes (baloncesto). O pavillón do CEIP Quiroga Palacios permanecerá como instalación de reserva para balonmán. As probas de atletismo disputaranse no estadio da Universidade de Santiago de Compostela e as de natación na piscina do complexo deportivo municipal de Santa Isabel.

Toda a información sobre horarios, competicións e resultados pode consultarse na páxina web oficial dos XVI Xogos do Eixo Atlántico www.xogosdoeixoatlantico2026.com.

 

 

 

 

 

 

 

Representación monfortina

A representación monfortina participa en 4 modalidades deportivas, voleibol masculino e feminino, baloncesto masculino, e atletismo e natación masculino e feminino.

Son os clubs e entidades deportivas do Concello de Monforte os que nutren de deportistas cada un dos equipos; así o Club de Atletismo A Gándara e o Club Natación Monforte encárganse de facer a selección de atletas para as modalidades de atletismo e natación respectivamente, o Club Korbis e o Club de Voleibol Ribeira Sacra aportan deportistas para as seleccións de voleibol, e o C.B. Val de Lemos encárgase da selección de baloncesto.

 

A composición de cada un dos equipos é a seguinte:

•   EQUIPO DE VOLEIBOL FEMININO:

Deportistas:

-    Marta Castro Ojea

-    Uxía Dacosta Losada

-    Valeria Fernández González

-    Alejandra García López

-    Candela González González

-    Africa Juiz Arias

-    Alma Martínez Taboada

-    Candela Pino Lamas

-    Irene Placín de la Torre

-    Alma Reboiro Díaz

-    Thais Rodríguez Maseda

-    Ángela Suárez Martínez

 

Staff técnico:

-    María Aira González

-    Yoraxi Melean Álvarez

 

•   EQUIPO DE VOLEIBOL MASCULINO:

Deportistas:

-    Tarek Álvarez Álvarez

-    Daniel Fontela Martínez

-    Luis Eduardo Kluiber Prudencio

-    Antón López González

-    Thiago Rafael Marcilla Tincopa

-    Alexandre Mendez Soria

-    Pablo Pérez López

-    Lucas Rodríguez Fernández

-    Hugo Sánchez Carballada

-    Miguel Taboada Hidalgo

-    Mateo Valladares Gallardo

-    Uriel Vázquez Mosquera

 

Staff técnico:

-    Rodrigo Cota Pérez

-    José Ramón Gómez Rodríguez

 

•   EQUIPO DE BALONCESTO MASCULINO:

Deportistas:

-    Yassin Amarante El Hakimy

-    Carlos Arias Ramos

-    Nicolás García Guerra

-    Saul Gavieiro Sobrado

-    Lucas Gegunde Rodríguez

-    Mateo López González

-    Manuel Pérez Pérez

-    Marco Rodríguez Escobar

-    Xoel Sánchez Carballada

-    Manuel Prieto López

 

Staff Técnico:

-    Varónica Arias Vale

-    Celia Pérez Taboada

 

•   EQUIPO DE ATLETISMO:

Deportistas categoría masculina:

-    Alejandro Álvarez Sánchez

-    Alexandre Costa Vázquez

-    Anxo Fernández Rodríguez

-    Mauro Figueiras Hermilla

-    Nicolás Méndez Goyanes

-    Antón Nieves Rodríguez

 

Deportistas categoría feminina:

-    Claudia Álvarez Velasco

-    Amaia Guitián García

-    Martina Martínez Lillo

-    Sabela Sánchez Payo

-    Elia Vázquez Ríos

 

Staff técnico:

-    Ramiro Méndez Rodríguez

-    Antía Nieves Rodríguez

 

•   EQUIPO DE NATACIÓN:

Deportistas categoría masculina:

-Xian Fernández Vázquez

-Xosé Fernández Vázquez

-Teo Ledo Escudero

-Mario Rodriguez López

-Germán Regueiro López

-Manuel Rodríguez López

 

Deportistas categoría feminina:

-    Xiana Arias Fernández

-    Sara Cortés Touzón

-    Martina Díaz Palacio

-    Laura López Areán

-    Emma Mendes Ruiz

-    Sara Vázquez García

 

Staff técnico:

-    David Argiz Martínez

-    Raquel Escudero Fernández

 

O Técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, exerce como Delegado Municipal e responsable da representación do Concello de Monforte durante a súa participación nos xogos.