Monforte de Lemos, 28 de novembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe o dispositivo de alumeado de Nadal 2026-2027 xa instalado nas rúas e prazas do municipio. Un ano máis, a cidade brillará nestas festas con centos de miles de luces LED que encherán o municipio brillo e cor.
O rexedor avanza que o acendido oficial será, como ven sendo habitual, na antesala da ponte festiva da Constitución, o venres 4 de decembro, ás 18.30 horas. O lugar escollido para pulsar o interruptor que iluminará o Nadal monfortino é a céntrica rúa Cardeal, xunto á figura da árbore, elemento central desta ornamentación festiva.
José Tomé anima a toda a cidadanía a achegarse a este acto e compartir o comezo das celebracións do Nadal: “Quero convidar a todos os monfortinos e monfortinas a que nos acompañen o venres 4 de decembro no acendido das luces. É un momento especial, co que damos a benvida ao Nadal na nosa cidade, e queremos que sexa unha celebración compartida por todos os veciños e veciñas”, sinala.
A inversión no alumeado ornamental das festas ascende este ano a 57.000 €.
Novidades
O dispositivo componse de 1,2 millóns de puntos de luz LED e incorpora varias novidades. Entre elas, a instalación dunha coroa real luminosa no centro da Praza de España, ou a decoración especial no Parque dos Condes, explica o Alcalde, “onde brillará unha figura luminosa en forma de casa, pola que se poderá cruzar para entrar no espazo da nova fonte, que se converteu nun punto de encontro como a casa de todos, e desfrutar dos seus chorros con iluminación propia”.
Na rúa Cardeal, a tradicional estrutura cónica que representa a árbore de Nadal supera os 20 metros incluíndo a estrela que coroa a figura. Neste caso, tras aumentar a súa altura un metro o pasado ano, mantén as dimensións xa que, tal e como explica o Alcalde, “non se pode aumentar máis en altura nesa localización porque iso levaría consigo ampliar a base e dificultaría o paso xunto ás edificacións ao estar limitado o espazo nunha das marxes por árbores e bancos”.
Así mesmo, na zona peonil da rúa Cardeal substitúense este ano os habituais arcos luminosos por lámpadas colgantes con estrelas.
O Alcalde destaca o esforzo realizado para ofrecer unha iluminación ampla e variada, que contribúa a crear ambiente festivo en todos os barrios e espazos da cidade: “Cada ano intentamos que o Nadal de Monforte teña unha iluminación especial, que sorprenda tanto aos nosos veciños e veciñas como ás persoas que nos visitan. Queremos que as rúas e prazas sexan espazos de encontro nos que desfrutar do ambiente nestas datas tan especiais”.
Neste sentido, José Tomé subliña tamén a importancia de que esta decoración contribúa a dinamizar a actividade económica local: “O noso desexo é que este amplo dispositivo de Nadal sirva para animar aos monfortinos e monfortinas e ás persoas que nos visitan a desfrutar da cidade e facer as súas compras de Nadal no comercio local. Queremos animar e alegrar a vida dos nosos veciños e veciñas nunha época tan sinalada”.
O alumeado estará acendido todos os días en horario de 18.30 a 02.00 horas, e apagarase definitivamente o domingo, 10 de xaneiro. Este dispositivo estará acompañado polo funcionamento das fontes no mesmo horario que as luces.
265 arcos e sete mensaxes de ‘Bo Nadal’
A árbore de máis de 20 metros de alto na rúa Cardeal e a figura da Praza de España, ambas con paso inferior, son os elementos centrais dun dispositivo que suma 265 arcos repartidos por 67 rúas da cidade e outros 7 coa mensaxe ‘Bo Nadal’ colocados nas entradas á cidade.
Mantense a que foi unha das principais novidades dos últimos anos, que é a iluminación especial da Torre da Homenaxe.
Tamén estarán adornadas a Casa do Concello, as árbores da Praza de España e do Campo de San Antonio, a Praza dos Chaos, Praza da Estación e Praza de Abastos e, como non, o cedro da Compañía, coa súa estrela de Nadal.
Iluminación de 67 rúas da cidade
- Aceña Nova: 2 arcos
- Blanco Amor: 2 arcos
- Praza do Conde: 1 arco
- Rúa Conde á altura do edificio Espinosa: 1 arco
- San Lázaro: 3 arcos.
- Valle Inclán: 7 arcos.
- Corredoira: 7 arcos.
- Malvarón: 3 arcos.
- Estrela: 2 arcos.
- Rosalía de Castro: 2 arcos.
- López Suárez: 2 arcos.
- Travesía Veiguiña: 4 arcos.
- Fontecha: 2 arcos.
- Tomás Vázquez: 2 arcos.
- Benito Vicetto: 5 arcos.
- Juan Montes: 4 arcos.
- Reboredo: 4 arcos.
- Duquesa de Alba: 4 arcos.
- Carude: 4 arcos.
- Roberto Baamonde: 15 arcos.
- Morín: 13 arcos.
- Hortas: 6 arcos.
- Cardeal (peonil+zona de tráfico): 8 arcos.
- Cardeal estreito: 3 medios arcos.
- Compañía: 10 arcos.
- Calvo Sotelo: 15 arcos.
- Doutor Casares: 8 arcos.
- Doutor Casares estreito: 6 medios arcos.
- Ourense: 8 arcos.
- San Pedro: 5 arcos.
- Rúa Coruña: 4 arcos.
- Avenida de Galicia: 15 arcos.
- Rúa Chantada: 10 arcos.
- Celso Emilio Ferreiro: 6 arcos.
- Francisco Moure: 6 arcos.
- Eduardo Pondal: 3 arcos.
- Val de Lemos: 2 arcos.
- Molinos de Antero: 1 arco.
- Germán Vázquez: 2 arcos.
- Central: 1 arco.
- Real: 4 arcos.
- Inés de Castro: 4 medios arcos.
- Curros Enríquez: 2 arcos.
- Pontevedra: 2 arcos.
- Concepción Arenal: 2 arcos.
- Praza da Estación: 2 arcos.
- Río Seco: 2 arcos.
- As Cruces: 3 arcos.
- Abeledos: 5 arcos.
- Santa Clara-Ramberde: 6 medios arcos.
- Casar: 2 arcos.
- Ferrol: 1 arco.
- Santiago: 1 arco.
- Covas: 3 arcos.
- Hermida Balado: 3 medios arcos.
- Doutor Goyanes: 2 arcos.
- Doutor Teixeiro: 7 medios arcos.
- Comercio: 3 medios arcos.
- Paseo de Lugo: 3 arcos.
- Dalmiro de la Válgoma: 2 arcos.
- Pinguela: 2 arcos.
- Sarria: 3 arcos.
- Lois Pereiro: 2 arcos.
- Otero Pedrayo: 3 arcos.
- Julio Camba: 2 medios arcos.
- María Paz de Tor: 2 arcos.
- Teceláns, no lateral da Casa do Concello.