O Alcalde e asiste á celebración do Día de San José de Calasanz, patrón dos mestres

Monforte de Lemos, 28 de novembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Manrina Doutón, asistiron esta tarde  á misa celebrada na igrexa dos PP. Escolapios con motivo da conmemoración do Día de San José de Calasanz, patrón dos mestres.

Con esta asistencia, os representantes municipais quixeron acompañar á comunidade educativa do Colexio dos Escolapios de Monforte nunha xornada especialmente significativa para este centro, dedicada a lembrar a figura do seu fundador.

A celebración constitúe tamén unha oportunidade para recoñecer o labor que desenvolven diariamente os docentes e todos os profesionais do ámbito educativo. O Concello quixo sumarse así a esta conmemoración e trasladar o seu recoñecemento á comunidade educativa do Colexio dos PP. Escolapios de Monforte.