
Monforte de Lemos, 10 de abril de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada, participaron este xoves e venres, 9 e 10 de abril, nos actos organizados pola Red de Juderías de España en Segovia, con motivo da convocatoria da 69ª Asamblea General Ordinaria Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad. A xuntanza oficial tivo lugar na mañá deste venres no Antigo Salón de Plenos do Concello de Segovia, e estivo presidida polo Alcalde da cidade anfitrioa, José Mazarías, que ostenta a presidencia da entidade desde xaneiro deste ano, dando relevo ao rexedor de Ribadavia, César Fernández.
A Asemblea celebrouse coa participación presencial e telemática dos representantes das 27 cidades integrantes da Red e nela aprobáronse, entre outras cuestións, as contas anuais de 2025 e o orzamento para o exercicio 2026, que ascende a 311.000 euros.
Ratificouse, ademais, a incorporación de 6 novas cidades que xa fora aprobada na xuntanza celebrada en decembro de 2025 trala presentación das súas candidaturas. Proxectos, destacou Mazarías, “dunha excelente calidade”. Trátase de Sevilla, Calatayud, Ciudad Autónoma de Melilla, Uncastillo, Llerena e Valencia de Alcántara, cuxos representantes municipais trasladaron á Asemblea o seu compromiso por preservar e divulgar o legado sefardí.
O Alcalde valora moi positivamente este encontro e os importantes acordos adoptados, e felicitou aos alcaldes, alcaldesas e representantes municipais das novas cidades pola súa incorporación xa que, indica, “coa súa entrada na Red de Juderías de España somos xa 27 cidades integrantes, o que da conta a relevancia da pegada sefardí na historia do noso país”. Así mesmo, engade, “reforza aínda mais a aposta da Rede pola preservación e posta en valor deste legado”.
Neste senso, José Tomé destaca a “importancia do consenso e da colaboración entre todas as entidades participantes, xa que é o camiño idóneo para definir unha estratexia de acción conxunta enfocada a protexer e difundir o patrimonio sefardí, un legado que forma parte do noso pasado e da nosa identidade cultural e que, polo tanto, temos o deber de conservar”.
Un orzamento equilibrado e responsable
A entidade contará este ano cun orzamento de 311.000 que foi presentado como “equilibrado e responsable”, e servirá de base financeira para despregar con plenas garantías o no Plan Estratégico de Institucionalización y Potenciación de la Red, un documento que ten como reto fundamental elevar a posición da entidade hasta convertela nun socio de referencia del Consejo de Europa dentro do marco dos Itinerarios Culturales Europeos, vinculándose estreitamente coas European Routes of Jewish Heritage.
Os integrantes compartiron a idea de que a Red de Juderías non debe ser un mero espectador no panorama continental, senón un actor clave con capacidade de decisión na diplomacia cultural europea.
Outro dos obxectivos da Rede é reforzar a búsqueda do Sello de Patrimonio Europeo para as cidades integrantes, o que garantirá unha distinción de calidade a nivel internacional. No eido da promoción e a identidade, a estratexia de expansión non se limita so ás fronteiras europeas, senón que pon a súa mirada tamén no continente americano, cunha presentación institucional en Washington DC o vindeiro 4 de setembro.
Monforte presidiu a Red en 2023
Monforte de Lemos presidiu a Red de Juderías de España no ano 2023 e acolleu a celebración da 63ª Asemblea, que tivo lugar no Palacio Condal do Parador de Turismo, no Conxunto Monumental de San Vicente.
Na actualidade, a Red de Juderías de España está integrada por 27 cidades: Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella-Lizarra, Hervás, Jaén, León, Lorca, Lucena, Monforte de Lemos, Plasencia, Ribadavia, Sagunto, Segovia, Tarazona, Toledo, Tudela e Tui, ás que se suman 6 novas incorporacións aprobadas na 68ª Asemblea celebrada o pasado mes de decembro de 2025 e ratificada este venres na 69ª Asemblea: Sevilla, Calatayud, Cidade Autónoma de Melilla, Uncastillo, Llerena e Valencia de Alcántara.