Aprobada a xustificación de preto de 80.000€ en axudas a entidades sociais, culturais, empresariais e veciñais de Monforte

Monforte de Lemos, 2 de xaneiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da aprobación da xustificación de preto de 80.000€ en  axudas a entidades sociais, culturais, empresariais e veciñais de Monforte. Concretamente, 41.523,50€ en subvencións concedidas a un total de 40 entidades e asociacións do ámbito social, cultural e veciñal a través de tres convocatorias de axudas, e 38.400€ de xeito nominativo a agrupacións deportivas e empresariais.

A Xunta de Goberno Local do pasado luns 29 de decembro de 2025 deu luz verde á documentación aportada polas diferentes entidades beneficiarias que xustifica que o gasto adecúase á finalidade coa que foron concedidas estas axudas.

O Alcalde fixo fincapé no “apoio decidido” do Equipo de Goberno do Concello de Monforte ao tecido asociativo da cidade a través destas axudas: “Valoramos o importante esforzo que fan estas entidades e asociacións para desenvolver a súa actividade, cada unha no seu ámbito, e a labor fundamental que co seu traballo prestan á sociedade monfortina, por iso desde o Goberno local queremos contribuír no seu desenvolvemento e visibilización”.

Por un lado, validouse a xustificación das subvencións concedidas na convocatoria de axudas a asociacións ou entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión no ano 2025. Concretamente, concedéronse catro subvencións por importe de 2.000€ cada unha:

 

 

ASOCIACIÓN

ACTIVIDADE

SUBVENCIÓN

AFAMON

Estimulación cognitiva a través das novas tecnoloxías

2.000,00

ALBORES

Espazo de ocio e tempo de lecer na comunidade de Albores

2.000,00

AGORA

CreARTE: Espacios de potenciación

2.000,00

AUXILIA

Promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade e enfermos crónicos

2.000,00

 

 

 

Nun segundo paquete, validáronse as xustificacións dun total de 14 subvencións concedidas a asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas e dirixidas a financiar actividades realizadas no exercicio 2025. O importe total ascende a 12.100,01€ repartidos do seguinte xeito:

 

 

ASOCIACIÓNS INSCRITAS NO REXISTRO

MEMORIA-TIPO ACTIVIDADE

 

 

SUBVENCIÓN

1

ASOCIACIÓN CULTURAL LUIS NIEVES

BECA DE ESTUDIOS MUSICAIS. ACTIVIDADE FORMATIVA E EDUCACIONAL

727,30

2

A.C. OS XOGRARES DE LEMOS

I FESTIVAL DE VERÁN 2025 XOGRARES DE LEMOS

910,90

3

ANPA COLEXIO A GÁNDARA

ACTIVIDADE ANUAL DA ANPA A GANDARA

1.000,00

4

A. C. AMIGOS DA PANDEIRETA

OBRADOIROS DE MUSICA TRADICIONAL

1.000,00

5

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE RIBASALTAS

VIAXE CULTURAL ÁS RIAS BAIXAS

1.000,00

6

ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA E CULTURAL LEMAVOS

PARTICIPACIÓN FESTIVAIS

1.000,00

7

ASOC. CULT. Y DEPORT. SAN MARTÍN DE PIÑEIRA

CLASES DE BOLILLOS

1.000,00

8

A. DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRA

XUNTANZAS PALILLEIRAS

1.000,00

9

ASOCIACIÓN CULTURAL LODEIRO

EXPOSICIÓN OBRAS ESCULTÓRICAS

801,50

10

ASOCIACIÓN MUSICAL AIKIRINDO

OBRADOIRO DE PANDEIROS

945,00

11

AA VV PIÑEIRA

XIMNASIA DE MANTEÑEMENTO PERSOAS ADULTAS

1.000,00

12

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E AMIGOS  DE ROZABALES

MESA REDONDA CO TEMA "OS CONVENTOS…"

291,81

13

ASOCIACIÓN BATTUERE

ACTUACIÓNS MUSICAIS

423,50

14

ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA

ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO

1.000,00

   

IMPORTE TOTAL

12.100,01

 

 

Doutra banda, a Xunta de Goberno Local aceptou tamén as xustificacións aportadas polas comisións e asociacións veciñais para a celebración de festas de barrios e parroquias no ano 2025.

Son 22 entidades beneficiarias cun total de 21.423,50€:

 

 

PARROQUIAS/BARRIOS

IMPORTE CONCEDIDO

1

SANTA MARIÑA DO MONTE

1.000,00

2

GULLADE

1.000,00

3

COBAS

1.000,00

4

SAN VICENTE DO PINO

1.000,00

5

BASCOS

1.000,00

6

MOREDA

1.000,00

7

SAN XOAN DE TOR

1.000,00

8

CINSA

1.000,00

9

SAN ANTONIO

1.000,00

10

CARUD

1.000,00

11

A VIDE

423,50

12

SAN XULIAN DE TOR

1.000,00

13

A PARTE

1.000,00

14

FIOLLEDA

1.000,00

15

SEOANE

1.000,00

16

SINDRAN

1.000,00

17

CANEDA

1.000,00

18

PIÑEIRA

1.000,00

19

A PENELA

1.000,00

20

VALLE DE LEMOS

1.000,00

21

CHAO DO FABEIRO

1.000,00

22

REIGADA

1.000,00

 

 

21.423,50

 

Finalmente, a Xunta de Goberno Local aceptou a xustificación dos gastos realizada por sete entidades de diferente índole que percibiron axudas nominativas que suman 38.400€:

 

-Federación Española de Voleibol: 15.000€

-Club de Natación Monforte: 600€

-Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría e Turismo de Lugo: 3.000€

-Club Pesca Monforte: 1.100€

-C.P. Calasancio: 15.700€

-A.D. Sociedade Río Cabe: 2.000€

-Club Ciclista Torre San Vicente: 1.000€