Monforte de Lemos, 4 de novembro de 2026. O salón de actos da Casa da Cultura de Monforte acollerá este venres, 6 de novembro, ás 20.00 horas, unha nova representación teatral dentro da programación organizada polo Concello de Monforte para o último trimestre do ano. Neste caso, a representación porá en escena ao grupo chantadino Argalleiras Teatro, de Chantada, coa estrea da obra “A Rateira”, unha adaptación de “A Ratoeira”, coordinada e dirixida por Paqui Abeledo.
A entrada, para todos os públicos, é libre e gratuíta.
Esta función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, coa que se ofrece á cidadanía unha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano.
Concretamente, o programa cultural para o último trimestre no Concello de Monforte inclúe un total de 12 espectáculos teatrais entre os meses de outubro e decembro, con propostas de compañías profesionais e grupos de teatro afeccionado.
Ficha e sinopse da obra
As curmás Isa e María Lombardero volven a Navia de Suarna cando herdan do avó a Casa Benedicto. Deciden dedicala a aloxamento turístico e comezan a recibir clientela do máis variado. As circunstancias aparentan ser normais, a pesar da grande nevarada, ata que un feito inesperado trastorna a convivencia no hotel.
O elenco está formado por Ánxeles V. Noguerol, Sabela Díaz, Teté González, Esther Rodríguez, Ana M. Bermúdez, María J. Rodríguez, Mila R. De Arriba, Aleli Taboada, Lucas Regal, Mariona Rodríguez e Ana López.

PRÓXIMAS CITAS CO TEATRO EN MONFORTE:
Xoves 5 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
Mofa e Befa presentan “Os dous de sempre”
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Venres 6 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Rateira”, do grupo Argalleiras Teatro
Asociación Cultural Teatreiras / Concello de Monforte
Entrada Gratuíta – Todos os públicos
Xoves 12 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“A Metamorfose”, de Sarabela Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 14 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta
Xoves 26 de novembro, 20:150 h / Edificio Multiusos
“A cámara escura”, de Vórtice Escénico
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 28 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Revolución, 1789... ou por aí”, de Teatreiras Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos
Martes 1 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“#Influencers”, de Negro López
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Xoves 3 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“Alicia Wants To”, de Bengala
Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Público adulto +12 anos
Sábado 5 de decembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Hotel Esperanza”, Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos