Monforte de Lemos, 23 de xullo de 2026. O Concello de Monforte de Lemos informa á veciñanza de que o vindeiro 31 de xullo de 2026 remata o prazo para solicitar, sen custo para a cidadanía, as actuacións técnicas destinadas a resolver posibles incidencias na recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT) ocasionadas pola posta en funcionamento dos servizos de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) no núcleo urbano de Monforte.
Estas actuacións son realizadas pola entidade LLEGA700, encargada de garantir que a implantación das novas estacións base de telefonía móbil non interfira na recepción da TDT. No caso de que algún fogar do núcleo urbano experimentase problemas na recepción dalgúns canais de televisión tras a activación destas redes, poderá solicitar a revisión e adaptación da súa instalación de recepción de maneira totalmente gratuíta ata o 31 de xullo.
O Concello lembra que este prazo afecta unicamente ás incidencias derivadas das estacións xa postas en servizo no núcleo urbano. No resto do municipio, o proceso continúa aberto na fase de consultas e información. Así mesmo, se no futuro se activan novas estacións base de telefonía móbil, comunicarase oportunamente e abrirase un novo período de seis meses para atender gratuitamente as posibles incidencias que poidan producirse.
As persoas afectadas no núcleo urbano poden comunicar as incidencias chamando ao teléfono gratuíto de atención ao usuario de LLEGA700: 900 833 999, onde se tramitarán as actuacións necesarias.
Do mesmo xeito, para resolver calquera dúbida ou obter información detallada sobre as estacións de telefonía móbil que afectan ao municipio, está dispoñible o teléfono gratuíto da Oficina Técnica de Concellos de LLEGA700: 900 831 902.