Monforte de Lemos, 3 de febreiro de 2026. O Concello de Monforte súmase aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro que se celebra todos os anos o 4 de febreiro para concienciar sobre esta enfermidade e fomentar a prevención, detección precoz e tratamento. Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas, a Torre da Homenaxe iluminarase mañá de cor verde.
A campaña deste ano desenvólvese baixo o lema “Unidos polo único” co obxectivo de poñer ás persoas no centro da atención e explorar novas formas de marcar a diferencia. Neste senso, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, sinala que “dende o Concello sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”.