
Monforte de Lemos, 7 de setembro de 2026. O Concello de Monforte abre mañá martes, 8 de setembro, o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música para o curso 2026-2027, que se desenvolverá desde o mércores, 16 de setembro de 2026, ata o 15 de xuño de 2027.
Para realizar a inscrición, as persoas interesadas deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00h e as 13:00 horas. Posteriormente tramitarase a solicitude a través da oficina de Rexistro do Concello de Monforte ou ben a través da sede electrónica.
Especialidades que se ofertan na Escola Municipal de Música
Inscrición a partir dos 6 anos. As especialidades que se ofertan son as seguintes:
- Percusión Tradicional Galega (tamboril, bombo, pandeiro, pandeireta)
- Canto tradicional con pandeireta
- Teclado
- Guitarra
- Gaita
- Clarinete
- Frauta
- Saxofón
- Trompa
- Trompeta
- Trombón de varas
- Tuba/Bombardino
- Linguaxe musical