Monforte de Lemos, 9 de xuño de 2026. O Concello de Monforte informa da apertura do prazo de inscrición para acceso e matrícula para o curso académico 2026-2027 no Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’, nas diferentes modalidades que se ofertan e que son as seguintes: violín, guitarra, piano, percusión, bombardino, clarinete, saxofón, tuba, trompa, trompeta e trombón de varas.
Probas e calendario
Así, o prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º CURSO DE ENSINANZAS ELEMENTAIS (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) está aberto ata ó 23 de xuño. A solicitude, que será gratuíta, pode acadarse na Secretaría do centro, situado na Ronda de María Emilia Casas Baamonde, e presentarse no Rexistro do Concelllo ou accedendo a “solicitude proba de acceso e matrículas Conservatorio municipal Mestre Ibáñez” na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte.
A proba de aptitude musical terá lugar o día 25 de xuño, ás 12.00h.
O prazo para inscribirse na proba de acceso ao 1º CURSO DE GRAO PROFESIONAL (pase de grao) está aberto ata ó 16 de xuño.
A solicitude pode acadarse na Secretaría do centro, situado na Ronda de María Emilia Casas Baamonde, e presentarse no Rexistro do Concello adxuntando o extracto do recibo pagado das taxas ou accedendo a “solicitude proba de acceso e matrículas Conservatorio municipal Mestre Ibáñez” na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte. Esta proba de pase de grao terá lugar o día 17 de xuño, ás 16.00h.
Por último, o prazo para inscribirse na proba de acceso a OUTROS CURSOS DAS ENSINANZAS ELEMENTAIS OU PROFESIONAIS está aberto ata ó 16 de xuño .
A solicitude está dispoñible na Secretaría do centro, situado na Ronda de María Emilia Casas Baamonde, e ten que presentarse no Rexistro do Concello adxuntando o extracto do recibo pagado das taxas ou a través da “solicitude proba de acceso e matrículas Conservatorio municipal Mestre Ibáñez” na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte.
Esta proba terá lugar o día 18 de xuño, ás 16-00h.


Matrícula
O prazo de renovación de matrícula está aberto desde o 6 ata o 16 de xuño de 2026. No caso da matrícula para o novo alumnado que supere o acceso ao vindeiro curso 2026-2027, estará aberto ata o 30 de xuño de 2026.
Solicitude de información:
Horario atención presencial Secretaría: 10.00 – 13.00 horas. Correo electrónico: conservatorio@concellodemonforte.com. Teléfono: 982 403 893.