O Concello de Monforte abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas para a tempada 2026-2027

Monforte de Lemos, 6 de xullo de 2026. O Alcalde, José Tomé Roca, ven de informar da aprobación na Xunta de Goberno Local deste luns, 6 de xullo, das bases que rexerán o procedemento de solicitude de instalacións deportivas municipais para adestramentos e actividades deportivas durante a tempada 2026-2027. Deste xeito, todas as entidades deportivas e clubs de Monforte que o desexen xa poden solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais para a vindeira tempada.

En particular poderán presentar solicitude:

• Asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2026 – 2027.

• Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2026 – 2027 organizada por algunha das federacións deportivas Galegas ou Españolas.

• Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que organicen algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2026 – 2027.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es.

Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.

Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo REGULAMENTO DE USO, RESERVA E ALUGUER DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE MONFORTE, que foi publicado no BOP Nº 190 do xoves 20 de agosto de 2020.

A presentación farase obrigatoriamente a través de medios electrónicos tal e como se establece na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Ao pé desta nova pódese descargar pódese descargar a seguinte documentación:

•   Bases da convocatoria

•   Instrucións para presentar a solicitude.

 

   BASES SOLICITUDE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS TEMPADA 2026-2027

   INSTRUCIÓNS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE