O Concello de Monforte colabora coa Escola Oficial de Idiomas na organización dun Ciclo de Cine en versión orixinal

Monforte de Lemos, 6 de novembro de 2026. O Concello de Monforte colabora un ano máis coa Escola Oficial de Idiomas de Monforte na organización dun novo Ciclo de Cine en versión orixinal, con subtítulos en castelán.

A programación desta nova edición comeza hoxe, 6 de novembro, con proxeccións todos os venres do presente mes nos Multicines Hollywood (rúa Otero Pedrayo), ás 20:30 horas. A entrada é gratuíta, pero para asistir será necesario recoller previamente as entradas na conserxería da Escola Oficial de Idiomas de Monforte, na rúa Calvo Sotelo, 65. As reservas pódense recoller cada semana desde o luns.

O Ciclo de Cine conta nesta edición con catro películas en catro linguas, alemán, francés, inglés e italiano, todas elas subtituladas en castelán. A programación é a seguinte:

  • 6 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “La isla de Amrum”, (Alemaña, 2025). Título orixinal: “Amrum”. Dirixida por Fatih Akin. Versión orixinal en alemán, con subtítulos en castelán.
  • 13 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “La copia perfecta”, (Francia, 2025). Título orixinal: “L’affaire Bojarski”. Dirixida por Jean-Paul Salomé. Versión orixinal en francés, con subtítulos en castelán.
  • 20 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “Incontrolable”, (Reino Unido, 2025). Título orixinal “I Swear”. Dirixida por Kirk Jones. Versión orixinal en inglés, con subtítulos en castelán.
  • 27 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “El primer día de mi vida”, (Italia, 2023). Título orixinal: “Il primo giorno della mia vita”. Dirixida por Paolo Genovese. Versión orixinal en italiano, con subtítulos en castelán.