
Monforte de Lemos, 21 de xullo de 2026. O Concello de Monforte súmase este mércores, 22 de xullo, á campaña “A tolerancia apaga o odio 2026”, con motivo da conmemoración do Día Europeo das Vítimas de Crimes de Odio, o 22 de xullo, en recordo das vítimas do crime de odio terrorista de Oslo e Utoya, e á súa vez, de todas as vítimas da intolerancia criminal e os delitos de odio.
A campaña, que vén contando ano tras ano coa implicación de centenares de concellos, universidades, entidades sociais e outros organismos, consiste na iluminación en cor azul de enclaves significativos ou espazos de interese na noite do 22 de xullo. No caso de Monforte, iluminarase a Torre da Homenaxe, no Conxunto Monumental de San Vicente.
Esta iniciativa pretende, de maneira simbólica, acender a luz da Tolerancia fronte ao Odio e lanzar unha mensaxe de unidade fronte á intolerancia.