O Concello de Monforte convoca un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

Monforte de Lemos, 19 de xaneiro de 2026. A Alcaldía do Concello de Monforte de Lemos asinou esta mañá un decreto de convocatoria sumándose á proposta realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e convoca un minuto de silencio hoxe mércores, 28 de outubro, ás 20.00 horas, ás portas do Concello, como mostra de apoio e respecto ás vítimas do grave accidente ferroviario acontecido esta mañá na provincia de Toledo.

O Concello convida a todas as institucións, asociacións, entidades e veciñanza en xeral a participar neste minuto de silencio.

Por estes motivos, o Alcalde, José Tomé Roca, cancela a súa axenda no día de hoxe.